Skip to Content

blogue deBegomb

MATERIAL ESCOLAR 3º EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2022-2023

Estimadas familias.

Benvidas a este novo curso 2022-2023!

Facilítolles o documento co material escolar que tamén se lle entregará ao alumnado ao comezo das clases. 

Ante calquera aspecto que non estea debidamente claro, non dubiden en consultarme.

Un saúdo.

Begoña

Actividade do Día do Libro

Desde o Equipo de Biblioteca organizouse unha actividade que consiste en que, todos aqueles que queirades, podedes enviar unha foto ou un breve vídeo duns segundos cun libro que vos guste moito ou que esteades lendo nestes intres.

Enviaranse ao correo electrónico da profe Begoña M. (de música).

O prazo para envialo é o mércores 22 pola mañá.

Con todas as fotos/vídeos que enviedes farase unha montaxe de vídeo que será publicada nas canles de comunicación do cole o xoves día 23 que é o día propio desta celebración. Así, poderedes vervos uns a outros.

Esperamos que vos guste esta iniciativa da celebración do Día do Libro por medios virtuais.

Unha aperta moi forte

Actividades de música 5º de primaria

Ola nenos e nenas.

Deixeivos novidades no blog de música: musicanaschans.blogspot.com.

Para que vos sexa máis doado e non vos liedes coas entradas dos outros cursos podedes facer clic na etiqueta "5º primaria" (á dereita da páxina) e xa vos sae todo o relacionado co voso curso.

Unha aperta

Distribuir contido


by Dr. Radut