Skip to Content

blogue deotilia

VACACIÓNS 3º CURSO

Ola rapaces!!

Xa chegaron as vacacións!!

Parabéns polo gran traballo que realizáchedes ó longo de todo o curso. Agora é o momento de descansar e disfrutar do verán.

A todos aqueles que teñades as celebracións da 1º Comunión, deséxovos que sexa un día moi feliz e que o disfrutedes moito.

Déixovos nos arquivos adxuntos "recomendacións" para o verán, non son obrigatorias nin haberá que envialas por correo nin presentalas en setembro, pero sí son unha boa maneira de adicar un tempo para repasar o aprendido.

Pasade un moi bo verán e coidarse moito!!

Un bico enorme da vosa profe Otilia, vémonos en setembro!!

Tarefas 3º curso, semana 15-19 Xuño

Ola rapaces!!

Parabéns polos contos da semana pasada, sodes grandes escritores e escritoras!!!

Xa chegamos á derradeira semana deste curso tan atípico. Para rematalo déixovos unha actividade no arquivo adxunto.

O venres 19 publicaranse as vosas merecidas notas.

 

Ánimo que xa rematamos!!

Un bico grande da vosa profe Otilia.

Tarefas 3º curso, semana 8 a 12 Xuño

Ola rapaces!!

No arquivo adxunto están as  tarefas para esta semana. Tiven en conta que a maioría tedes a preparación para a Comunión pola mañá, e non chegan as horas do día para todo o que hai que facer. Ánimo que xa queda pouco!

Un bico e unha aperta da vosa profe!!

TAREFAS 3º CURSO semana 1-5 xuño

Ola rapaces!!

Estamos en 3º e comezamos o mes de Xuño, o mes das comunións, da preparación, dos traxes, fotos, invitados...que non chega o tempo a nada!! Por iso as actividades escolares van ser xogos interactivos de repaso e fomentar a expresión escrita e a creatividade.

Non esquecerse da lectura diaria e das visitas ós demais blogs.

Déixovos no arquivo adxunto as indicacións para esta semana

Unha aperta da vosa profe Otilia!!

TAREFAS 3º CURSO SEMANA 25 A 29 de maio

 

Bo día rapaces!!

 

Déixovos as tarefas para esta semana e ademais recomendarvos pasar polo blog da Biblioteca, alí está o vídeo de “MasterChef de 3º”, noraboa polo voso gran traballo e a colaboración das vosas familias!! Espero que vos guste.

 

Non esquezades coma sempre visitar os demais blogs. 

 

Unha aperta da vosa profe Otilia!!

 

SOLUCIONARIO 3º CURSO Semana 18-22 Maio

Ola nen@s!! 

 

Aquí vos deixo o solucionario para as tarefas desta semana.

 

Unha aperta da vosa titora!!

 

TAREFAS 3º CURSO, semana 18-22 MAIO

Bo día rapaces!! 

Deixovos en arquivos adxuntos as tarefas para esta semana. Ademais na páxina principal tedes a actividade "Cóntame un conto", un concurso da biblioteca con premios na que podedes participar. 

Non esquezades visitar os demais blogs.

 

Unha aperta da vosa titora!!

TAREFAS 3º CURSO, SEMANA 11-15 MAIO

Ola rapaces!!

Esta semana, como xa sabedes celebramos o Día das Letras Galegas, polo que as tarefas serán relacionadas co autor protagonista deste ano, Ricardo Carvalho Calero. Podedes atopalas no arquivo adxunto. 

Un bico da vosa profe Otilia.

SOLUCIÓNS 3º CURSO SEMANA 4-8 MAIO

Bo día!

Aquí vos deixo as solucións desta semana para comprobar as vosas respostas.

Disfrutade do fin de semana!!!

Unha aperta da vosa profe Otilia

TAREFAS 3º CURSO, semana 4-8 Maio

Bo día nen@s!!

Nos arquivos adxuntos déixovos as tarefas desta semana.

Mariña vai deixar material audiovisual como complemento e de repaso que tamén deberedes facer todo o alumnado de 3º curso.

Por outra banda, visitade os diferentes blogs de especialidades e esta semana, por mor da celebración das Letras Galegas, podedes ver unha nova proposta de actividade na páxina principal.

 

Unha aperta grande da vosa titora!

Distribuir contido


by Dr. Radut