Skip to Content

Novas

VIDEOCONTOS DENDE A CASA. SEGUNDA ENTREGA.

Esta semana deixanvos os seus contos as profes Almudena e Chus. Seguro que xa os coñecedes, pois son dous libros que temos na biblio de Mouchan e sabemos que vos gustan moito. Desfrutádeos.

 

 

VIDEOCONTOS DENDE A CASA

Como ata agora vós estivestes participando nas actividades propostas, coa vosa imaxinación, creatividade e ilusión, agora é o noso turno. Os mestres decidimos adicarvos unhas xornadas de videocontos durante este mes de maio, que iremos publicando cada semana.

Inaugura esta sección o profe Manolo cun conto clásico que moitos de vós coñeceredes: "Polgariña".

Esperamos que o desfrutedes!

 

PARABENS

Este ano, algúns de vós tivestes que celebrar o voso aniversario dun xeito diferente, na casa, sen festas cos amigos,cos compañeiros do cole, ... Así que, dende aquí queremos desexarvos a tódolos que cumpristes anos nos pasados meses de marzo e abril un MOI FELIZ ANIVERSARIO!

 

 

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020

Ola familias!!

Dende a escola queremos celebrar este ano o “Día das Letras Galegas 2020” dunha forma moi especial debido a situación tan excepcional que estamos a vivir. Dende o Equipo de Normalización Lingüística vos propoñemos unha actividade divertida e, a vez, motivadora para os nen@s.

En qué consiste?

Moi fácil. Consiste en que cada nen@ coa axuda da familia faga un cartel cunha frase en GALEGO dando ánimos e apoio ás demais familias. Logo faríades unha foto con esa mensaxe de ánimo que se enviaría ao cole. Con todas as fotos recibidas faremos unha montaxe de video que  publicaremos na páxina Web do centro o 16 de maio.

A onde se enviarían as fotos?

Ao WhatsApp do centro: 635.111.989

A foto debe enviarse co nome do neno e o curso ao que pertence para facilitarlle a labor a persoa responsable da montaxe do video

Cal é o prazo para enviar as fotos?

Tedes de prazo para o envío de fotos ata o luns 11 de maio.

IMPORTANTE:A frase de ánimo debe estar en GALEGO e cando fagades a foto comprobade que poñedes a cámara en horizontal, para que quede mellor a montaxe.

Animádevos a participar, que seguro vos fará ilusión ver aos compañeir@s  despois  de  tanto tempo!!

AÍ VEN O MAIO!

O noso agradecemento a tódolos nenos e nenas e ás familias que participastes nesta actividade, con entusiasmo e creatividade para facer posible, un ano máis, a celebración da tradición dos maios, dun xeito moi especial.

Este é o resultado das vosas aportacións:

FELIZ 1º DE MAIO!

 

 

Queridas familias!

 Co gallo da conmemoración dos MAIOS 2020, dende a escola pedímosvos que participedes na especial celebración que imos  levar a cabo este ano.

·        

A forma de facelo? Moi sinxela. Só tes que elaborar uns pampullos ou outra ornamentación típica desta época e enviar a túa foto ou vídeo para participar.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º tamén poderán enviar as súas coplas. Para axudarvos, a mestra Begoña de música daravos proximamente algúns consellos. Así que estade ben atentos!!!

·        

A onde fago o envío das fotos ou vídeos?   Ao WhatsApp do centro:

 635 111 989.

 ·   Ata cando? O prazo para os envíos remata o 29 de abril.

 

Logo faremos un vídeo ou presentación con todas as vosas aportacións

Así que ponte mans á obra e participa!!! 

IMPORTANTE: Cando fagades a foto ou vídeo asegurádevos de poñer a cámara en horizontal. Así a montaxe quedará moito mellor.

Avisos de centro

Infórmase ás familias que non deran comunicación sobre problemas técnicos ou doutro tipo para que os seus fillos poidan recibir as clases telemáticamente e das que non se tiveron noticias ata o momento (non remitiron as tarefas escolares, nin responderon aos requerimentos dos mestres a través de diversos medios) están privando aos seus fillos do seu dereito á educación, establecido no artigo 27 da Constitución Española.

Por este motivo, a dirección do centro remitirá un informe á Inspección Educativa para que tome as medidas axeitadas e garantizar a educación deses alumnos durante o terceiro trimestre.

Por outra banda, quérese agradecer o esforzo do resto de familias e profesorado que a pesar das dificultades están a poñer todo da súa parte para garantir este proceso.

Aclárase que as actividades propostas para o alumnado de E. Infantil siguen unha dinámica moi diferente ás de E. Primaria, polo que as familias deberán axustarse ás indicacións que as mestras dean por AbalarMobil ou a través do blog.

Por último, infórmase de que se pon a disposición das familias o teléfono 635.111.989 para que se remitan as FOTOS E VÍDEOS POR WHATSSAPP dos proxectos de biblioteca, maios, etc. NON SE REMITIRÁN AS TAREFAS ESCOLARES DAS MATERIAS. TAMPOUCO SE ATENDERÁN CHAMADAS TELEFÓNICAS OU DÚBIDAS. Para este caso dispoñen dos emails que se facilitaron ata o momento e o teléfono do centro. Puntualízase que o teléfono do centro está operativo pero que debido ao aluvión de chamadas entrantes en certos momentos non é posible dar resposta inmediatamente. Prégase que nestes casos volvan a chamar novamente. Graciñas.

E AGORA OS SORPRENDIDOS FOMOS OS PROFES! 23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO 2020

Moitas grazas aos nenos e ás familias por facelo posible!  Que ganas tiñamos de vernos as caras de novo!

Instrucións terceiro trimestre

Boa tarde:

Infórmase de que, segundo as instrucións remitidas polo Ministerio e a Consellería de Educación, o terceiro trimestre terá inicialmente un carácter de consolidación e repaso dos contidos adquiridos nos anteriores trimestres e que se avaliará o traballo que os titores e especialistas soliciten que lle sea reenviado. Por isto, as tarefas deben ser remitidas ou doutro xeito o alumno/a suspenderá a materia, incluídas as especialidades.

As familias que teñades problemas para facer un seguimento do proceso de aprendizaxe deberedes comunicarllo aos titores para tentar buscar solucións que garantan o acceso á educación de todos os alumnos do centro.

Tamén se informa de que as tarefas terán un carácter máis interdisciplinar e lúdico co obxectivo de avaliar as competencias ademáis dos contidos e tamén para facerlles máis levadeiro aos nenos a realización as tarefas, xa que o tempo de confinamento está a afectalos animicamente.

A dinámica será a establecida ata o momento, é dicir, os luns subiranse as actividades, os venres os solucionarios e o alumnado terá de prazo ata ese venres para remitir as tarefas.

Ánimo, forza e unha aperta moi grande de todos os mestres. Estamos xuntos nisto.

Unha sorpresa de parte de todos os mestres....

Agardamos que vos guste ;)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut