Skip to Content

3º ciclo

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Ola rapaces
Continuamos co traballo a distancia, despois deste descanso de Pascua. Deixovos nos adxuntos indicacións para a semana. Xa sabedes que o venres subirei as solucións para que as corrixades. Non é preciso nesta ocasión que enviedes nada, pero sí que cando as corrixades me enviedes as dúbidas que teñades.

Tarefas para a semana. 6º (14/04/2020)

Ola rapaces!

Rematadas estas estrañas vacacións, temos que volver á unha certa rutina de traballo diario.

Nos arquivos que  adxunto xa vos deixo información sobre as actividades das distintas materias, tamén vos explico o motivo dos seguintes enlaces:

Matemáticas

Galego

PÁXINAS WEB INTERACTIVAS DE INTERESE PARA O ALUMNADO DE 5º e 6º (Vacacións Semana Santa)

Neste tempo de vacacións, poderiades visitar algunha  páxina web para  pasalo ben e tamén aprender dun xeito máis lúdico. Buscade nas páxinas o xogo e o nivel de dificultade axeitado á vosa idade ou curso.

Non vos esquezades dos xogos clásicos: parchís, oca, damas, xadrez, monopoly... E sobre todo, buscade un libro que vos guste e lede.

Estas son algunhas das páxinas que vos recomendamos:

  • Xogos de Xeografía

          Mapas flash: http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm

          Xogos xeográficos: https://world-geography-games.com/es/index.html

          XogosXeo: https://www.juegos-geograficos.com/

          Seterra: https://online.seterra.com/es

          Xogos sobre a  UE: https://europa.eu/learning-corner/learning-materials_es?age_group%5B0%5D=82

Desexámosvos que disfrutedes, o mellor que poidades, das "vacacións". Dámosvos unha forte aperta.

Os titores:

Mar (5º) e Manolo (6º)

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA DO 30 DE MARZO

Bo día,

Déixovos as solucións ás actividades desta semana no documento adxunto. Se tedes algunha dúbida podedes contactar conmigo polos medios de sempre.

Durante a Semana Santa acordamos non enviar máis tarefas. Quedan colgadas na web xogos  educativos nos distintos  blogs que podedes ir vendo se vos aburrides moito. O día 14 voltaremos con traballo a distancia, se a situación non cambia.

BICOS

Mar

 

Solucionario ás actividades de 6º do 30 de marzo

Ola rapaces!

Tratade de corrixir as actividades coas solucións que vos deixo no arquivo adxunto. Se tedes algunha dúbida xa sabedes cando e como contactar comigo. O luns subireivos uns enlaces para que nestas "vacacións" realicedes, se vos apetece, unhas actividades "online" máis entretidas e lúdicas.

Moito ánimo e unha aperta!

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Bo día a todos,

Comezamos a semana e, como xa vos adiantamos nesta páxina, os luns faremos unhas suxerencias de traballo para toda a semana que vós podedes repartir como mellor vos vaia. Trátase de que fagades todos os días un pouquiño e non esquecer o que levamos aprendido ata o momento. Cada un ten as súas circunstancias persoais e non quixera que vos agobiedes se non sodes capaces ou non tedes posibilidade de conexión. Ide facendo o que poidades.

Abride o documento adxunto que está a continuación.

Unha aperta

Xa nos queda menos.                                                

 

Mar.

 

Tarefas para a semana. 6º (30/03/2020)

Ola rapaces! Déixovos tres arquivos adxuntos: un da mestra de Música e os outros dous meus. Abrídeos e xa tedes alí toda a información que precisades para esta semana.

Tamén debedes visitar o blog de Francés (Departamentos e Ciclos- francés). Atoparedes recursos para repasar os contidos dados, ademais dalgunha nova proposta (buscade as entradas dedicadas ao francés). Para calquera aclaración ou dúbida, podedes escribirlle ao correo de Vanessa.

Por último, lembrade que en CLAN de 11:00 a 12:00, imparten clases axeitadas á vosa idade.

Visitade o blog de inglés, tamén hai novas actividades.

Unha aperta forte a todos.

O titor de 6º

HISTORIA: Idade Contemporánea. Século XIX (6º)

PowerPoint sobre a Idade Contemporánea. Lede as fichas de Historia seguindo as diapositivas.

Na 1ª diapositiva fala dos acontecementos importantes; por desgraza, habería que incluir o nº 10: a pandemia do século XXI (a que nos está tocando vivir).

Solucionario ás actividades de 6º do 17 de marzo

Ola, rapaces!

Os que fixéchedes as actividades propostas do libro, tratade de corrixilas coas solucións que vos deixo no arquivo adxunto (sodes os maiores e tedes que ser capaces de facelo sós, como faciamos en clase). Fixádevos ben e reparade na ortografía. Se hai algunha dúbida, xa tedes o meu correo electrónico que deixei no Abalar-Móbil e pronto tamén o meu teléfono (en canto se fixen unhas horas para chamar).

O luns subirei novas actividades para a próxima semana.

Moito ánimo e unha aperta!

Información sobre libros de texto "online" 5º (26/03/2020)

Ola familias!

Por se algún de vós non tivese os libros de texto na casa conseguiuse a través do representante de Santillana que os facilitase "online" de acceso libre. Tedes que ir á seguinte dirección:

http://aulavirtual.santillana.es/av3online/login e logo, escribir o Usuario e Contraseña que vos facilito no arquivo adxunto.

Un saúdo e moito ánimo.

Distribuir contido


by Dr. Radut