Skip to Content

Instrucións terceiro trimestre

Boa tarde:

Infórmase de que, segundo as instrucións remitidas polo Ministerio e a Consellería de Educación, o terceiro trimestre terá inicialmente un carácter de consolidación e repaso dos contidos adquiridos nos anteriores trimestres e que se avaliará o traballo que os titores e especialistas soliciten que lle sea reenviado. Por isto, as tarefas deben ser remitidas ou doutro xeito o alumno/a suspenderá a materia, incluídas as especialidades.

As familias que teñades problemas para facer un seguimento do proceso de aprendizaxe deberedes comunicarllo aos titores para tentar buscar solucións que garantan o acceso á educación de todos os alumnos do centro.

Tamén se informa de que as tarefas terán un carácter máis interdisciplinar e lúdico co obxectivo de avaliar as competencias ademáis dos contidos e tamén para facerlles máis levadeiro aos nenos a realización as tarefas, xa que o tempo de confinamento está a afectalos animicamente.

A dinámica será a establecida ata o momento, é dicir, os luns subiranse as actividades, os venres os solucionarios e o alumnado terá de prazo ata ese venres para remitir as tarefas.

Ánimo, forza e unha aperta moi grande de todos os mestres. Estamos xuntos nisto.

Unha sorpresa de parte de todos os mestres....

Agardamos que vos guste ;)

 

 

Suspensión tarefas Semana Santa

Infórmase de que durante o período vacacional de Semana Santa non se remitirán tarefas escolares, seguindo as instrucións remitidas pola Consellería de Educación e darlle descanso aos alumnos.

Mañá venres colgaranse os solucionarios das tarefas e remitiranse actividades ou enlaces a páxinas máis lúdicas para que os nenos poidan pasar o tempo... vacacional.

Retomaremos a dinámica establecida durante o confinamento o luns 13 de abril. 

Ánimo e forza a todos. E cóidense moito, por favor.

Avaliacións 2º trimestre

Bo día:

Infórmase de que esta semana realizaranse as avaliacións dos alumnos do 2º trimestre e que recibirán os boletíns a través de AbalarMobil. Cando se restablezan as clases enviaránselles en formato papel como se fai habitualmente.

O período a avaliar abrangue dende xaneiro ata o día no que se decretou o estado de alarma, é dicir, o 13 de marzo.

Un saúdo

Aviso familias

Estimadas familias:

Nestes momentos tan difíciles os mestres queremos transmitirvos todo o noso apoio e forza para superar esta crise, da que seguro sairemos con fortaleza e solidariedade.

Para os nenos este é un momento moi complicado e de grande intranquilidade, xa que as súas rutinas están a verse afectadas sustancialmente; suspendéronse as clases, son conscientes da tensión e preocupación do entorno e as súas posibilidades de disfrutar do xogo vense moi limitadas. 

Ademáis, non todas as familias teñen a mesma dispoñibilidade nin os mesmos medios para poder titorizar a realización e correción das tarefas escolares, algo do que somos plenamente conscientes.

O obxectivo fundamental das tarefas e lograr manter unha rutina e poder repasar os contidos esenciais para que cando se poida retomar a actividade lectiva lles sexa máis doado e deben cumplir co principio da equidade, é dicir, que poidan ser realizadas pola gran maioría dos alumnos. 

Así pois, informámosvos sobre as seguintes medidas de organización, que de seguro vos resultará útil coñecer:

1. A plataforma principal para dirixirnos a vós será a páxina web do centro; subiranse as actividades, remitiranse aos blogues ou a calquera outra páxina que poida ser de interese (editoriais, vídeos youtube, etc.). 
2. AbalarMobil será a ferramenta para avisar do envío de tarefas e/ou solucionarios.
3. Serán os titores os encargados de subir semanalmente as actividades e os enlaces á páxina web e dar os avisos correspondentes.
4. Proporcionarásedevos o correo corporativo do profesorado para que reenviedes as tarefas escolares que os mestres consideren. Utilizarase unicamente para este fin e no tempo que dure o confinamento. 
5. Subiranse as tarefas (ou os enlaces) á páxina web con perioicidade semanal, os luns
6. Os venres de cada semana subiranse os solucionarios das actividades que se consideren e tamén será o día límite fixado para enviedes as tarefas aos correos corporativos do centro.
8. Cada dúas semanas manterase contacto telefónico convosco para resolución de dúbidas e facer un seguimento do proceso de aprendizaxe. Fixarase un calendario para efectualas.
9. A atención ás familias tanto telefonicamente como a través de email farase en horario de 09:00h a 14:00h de ser posible.

 

Ánimo e forza

INFORMACIÓN SUSPENSIÓN CLASES

Bo día:

Infórmase da decisión por parte da Xunta de Galicia de pechar os centros educativos ata nova orde.

Nos vindeiros días informarémoslles dos posibles cambios en relación a este tema.

Pídese calma e responsabilidade a nivel individual para lograr frear o avance do virus.

Ánimo e saúdos.

Menú outubro 2019

Premer no adxunto para visualizar o menú.

Distribuir contido


by Dr. Radut