Skip to Content

3º ciclo

Actividades e xogos PROA

Bo dia nenos e nenas, son Mariña, a profe de PROA, acordádevos de min? Eu de vós si eh!!

 Por iso vouvos mandar uns xogos que van servir de axuda a que vos acordedes do que fuchedes dando ao longo do curso.

Os atoparedes no arquivo adxunto así como as súas explicacións.

Espero que vos gusten e o pasedes ben!

 

Estes xogos os podedes facer en compañía con algún familiar, xa sexa un irmán ou unha irmá, ou os vosos pais. A cuestión é divertirse un anaco e de paso aprender 

 

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola nenos 

Aquí vos deixo as actividades semanais. Mirade a páxina principal do cole que hai colgada unha actividade para festexar os maios. Vai dirixida a todo o alumnado que queira participar, ben sexa con maio, con coplas, ou coas dúas cousas.

No blog de música tedes algunas instruccións e recomendacións sobre como elaborar as coplas.

Lembrade enviar as tarefas correxidas (20-24 abril) aqueles que aínda non envíaron nada.

Non deixedes de entrar nos blogs de todos os especialistas. Alí tendes instruccións específicas para o voso curso.

 

 Ánimo que esta semana xa podemos ir recoller pampullos!!!

 

 

 

 

Tarefas para a semana. 6º (27/04/2020)

Ola rapaces!

Déixovos, esta vez, un só arquivo adxunto coas novas tarefas desta semana. Tamén vos pido que me enviedes ao correo as actividades de matemáticas (a información tédela dentro do arquivo). A aqueles que esta semana me envíen ao correo as actividades requeridas (aínda que non estean de todo ben), reenviareilles unha pequeniña sorpresa á súa dirección de gmail.

Animádevos a participar na tarefa conxunta de todo o cole, para celebrar a festa dos maios. Xa sabedes que tedes a información na páxina principal da web. Ide ao blog da profe Begoña (Música), onde vos explica con detalle como elaborar as coplas.

Unha aperta

Manolo (titor de 6º)

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 24 DE ABRIL

No arquivo adxunto mando as solución das actividades da semana, comprobade as vosas respostas. 

Unha vez que estean correxidos  debedes enviarmos, ben sexa escaneados ou mediante unha foto.

IMPORTANTE: Revisade tamén os blogs dos especialistas. Están todos os enlaces nesta mesma páxina en departamentos e ciclos.

Comunicádevos urxentemente, os que non o fixestes ata o momento, nesta fin de semana coa mestra de inglés a través do e-mail: costa@edu.xunta.es.

Un saúdo

Mar

 

Solucionario ás actividades de 6º do 20 de abril

Ola rapaces!

Tratade de corrixir as actividades coas solucións que vos deixo no arquivo adxunto. Alegroume saber que os que me chamáchedes, non estades tendo moitas dificultades para poder facelas, pero teño que diciros unha cousa:  algúns de vós non me enviaron ao correo a actividade de Sociais que lles pedira. É moi importante que enviedes as tarefas que se vos piden, e se non podedes, que contactedes co mestre para explicarlle o motivo.

Ánimo e unha aperta

Manolo (titor)

Actividades de música 5º de primaria

Ola nenos e nenas.

Deixeivos novidades no blog de música: musicanaschans.blogspot.com.

Para que vos sexa máis doado e non vos liedes coas entradas dos outros cursos podedes facer clic na etiqueta "5º primaria" (á dereita da páxina) e xa vos sae todo o relacionado co voso curso.

Unha aperta

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola nenos

Aquí vos deixo o traballo semanal. Animádevos a enviar a foto para a montaxe da biblioteca, que aínda non hai moitas e o plazo de entrega remata o mércores pola mañá.
Recordade que podedes chamarme para resolver calquera dúbida ou mandar por correo as vosas suxerencias. (se tedes algún problema de conexión; algunha suxerencia de actividades que vos gustarían facer; se pensades que son moitas as tarefas; ou poucas...
Un abrazo.

 

Mar

Tarefas para a semana .6º (20/04/2020)

Ola rapaces!

Déixovos tres arquivos adxuntos: un con novas actividades para a semana, outro cunha nova ficha de Historia e o terceiro coas solucións da ficha de Galego que vos pedira que me enviásedes.

Visitade as páxinas das diferentes especialidades, incluída Relixión (os que a teñades), para comprobar se deixaron novas actividades ao longo do día. A profe de Música deixoume a seguinte información: "Tedes novidades de música e de plástica no blog. Para que sexa máis cómodo e non vos liedes co dos outros cursos, facede clic en etiquetas onde pon 6º de Primaria e xa vos sae todo".

Esta vez déixovos un enlace de Matemáticas, sobre o que ides traballar esta semana. Aclaración: A coma decimal debe colocarse sempre debaixo, como faciades en clase. Ex. 254,42

Unha aperta

Manolo (titor de 6º)

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 17 DE ABRIL

Aquí vos deixo as solucións semanais. Ademais decirvos que desde a biblioteca gustaríanos conmemorar o Dia do libro que se celebra o próximo 23 de abril. Para isto precisamos da vosa colaboración. Aqueles que queirades participar debedes de sacar e enviar unha foto ( ao meu whatsapp ou correo electrónico) cun libro lido recentemente ou que vos gustase moito ( dos que tendes na casa). O obxectivo é facer unha montaxe coas vosas fotos para publicar nos medios de comunicación do centro (Instagram, blog biblioteca e blog centro).

Animádevos, seguro que vos fai ilusión ver aos compañeiros.
Un abrazo.

 

Mar 

Solucionario ás actividades de 6º do 14 de abril

Ola rapaces!

Tratade de corrixir as actividades coas solucións que vos deixo no arquivo adxunto. Tamén aparece outro arquivo con información do Equipo de Biblioteca. Revisade sempre os blogs dos especialistas e tamén os do colexio (Inglés, Frances, Música, E. Física, Orientación, Biblioteca, Cousas das Chans).

Por certo, sigo sen ter noticias de ningún tipo dalgúns de vós, pois aínda non me chamastes nin enviastes ningún correo. Espero que o fagades ao longo da próxima semana.

Moito ánimo e unha aperta

Distribuir contido


by Dr. Radut