Skip to Content

2º ciclo

Solucionario tarefas 4º curso

Boa noite, nenos!

Adxunto as tarefas coas solucións das áreas de Lengua e Sociais. Ao longo de mañá vos chamarei para que me plantexedes as dúbidas sobre Matemáticas e Lingua que tivesedes e que me contedes un pouquiño como estades pasando os días. 

Matemáticas

298x12=3576

289x24=6936

25+75=100    100x9=900

352x12=4224    4224-524=3700

 

Bicos

A profe Cova

Tarefas escolares 4º curso 3ª semana

Bo día, nenos:

Remitimos as tarefas para esta semana e que poderedes atopar nesta publicación, no arquivo adxunto e nos blogs das materias dos mestres especialistas.

MatemáticasNo arquivo adxunto tendes os exercicios. Se non tendes como imprimir a ficha copiade os enunciados na libreta e seguide os pasos.

Ciencias Naturais e Lingua1. Os dinosaurios eran un grupo de réptiles que se extinguiron fai millóns de anos. Busca información sobre eles e redacta un informe sobre un que te chamase a atención.

2. Fai un debuxo sobre o dinosaurio que elexiches no ecosistema que habitaba.

3. Redacta un conto que teña como protagonista o dinosaurio que escolliches. Extensión máxima unha carilla.

Recordade que debedes revisar a presentación e a ortografía, non hai excusa aínda confinados!

Saúdos de parte de todos os mestres!

 

TAREFAS PARA 3º CURSO

Bo día nen@s!! 

Como sabedes temos que seguir quedando na casa pero non estamos de vacacións, hai que seguir traballando. Como sodes moi traballadores seguro que tod@s rematáchedes as tarefas propostas previamente que vos indiquei a vós a ás vosas familias para esta primeira quincena.

Xa rematamos o 2º trimestre polo tanto esta semana tan só queda o repaso. Adxunto unhas fichas para que vaiades realizando para repaso das linguas.

Ademais indícovos uns enlaces donde podedes atopar diversas fichas e actividades de diferentes asignaturas para ir facendo ó longo destas semanas de confinamento.

Non esquezades coma sempre, adicar algunha parte do día para a lectura e logo facer un pequeno resumo da mesma.

Como sei que vos gusta moito a tele, podedes ver en CLAN de 10:00 a 11:00 horas unhas clases moi interesantes.

 

GRAMÁTICA: https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/gramatica/gra-tercero

 

VOCABULARIO: https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/vocabulario/voc-tercero

 

 

ORTOGRAFIA: https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/ortografia/ort-tercero

 

COMPRENSIÓN LECTORA: https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-comprensivas

 

FICHAS CIENCIAS NATURAIS: https://www.mundoprimaria.com/fichas-para-imprimir/ejercicios-ciencias-naturales/actividades-3

 

 

FICHAS CIENCIAS SOCIAIS: https://www.mundoprimaria.com/fichas-para-imprimir/ejercicios-ciencias-sociales

 

Un bico e unha aperta moi grande para tod@s!!

Solucionarios 1ª quincena 4º curso

Bo día a todos, nenos!

Esperamos que esteades a levar ben o confinamento e que aproveitedes o tempo para xogar, ser creativos e tamén traballar un pouquiño para non esquecer todo o aprendido ata o momento.

Nos dous arquivos adxuntos remitimos os solucionarios dalgunhas das tarefas realizadas; o resto terán que ser revisadas por algún adulto que estea na casa e vos poida guiar ou polos mestres cando retomemos as clases.

O luns subiremos máis actividades para que realicedes ao longo da semana que vén. Lembrade tamén visitar os blogs de Música, Inglés e Educación Física, xa que os mestres irán colgando actividades e enlaces interesantes.

Un bico enoooorme de parte de todos os mestres.

Tarefas escolares para 4º curso

Bo día a todos, nenos!

Como puidéchedes comprobar estes días, estamos a vivir unha situación completamente nova e por este motivo deberedes permanecer na casa ata que as autoridades nos autoricen a retomar as clases.

Pero namentres poderedes facer todas ou algunha das actividades que a continuación vos propoño, dependento do material do que dispoñades na casa e mesmo dos libros de texto que vos puidéchedes levar para casa o xoves pasado. 

Propóñovos que utilicedes a vosa imaxinación e creatividade e realicedes unha especie de diario coas seguintes tarefas, e mesmo con calquera outra que se vos ocurra. Pegade fotos, debuxade, utilizade cartolinas, rotuladores... todo o que teñades a man.

Estes días tamén aproveitarei para chamarvos por teléfono e ver como vos atopades e resolver as dúbidas que poidades ter.

Ciencias Naturais

- Lede o tema 5 e facede os esquemas de cada un dos grupos e as cuestións de cada bloque.

- Saca fotos dos invertebrados que atopes no xardín (se vives nun piso podes buscar unhas fotos en internet). Pégaas no diario ou libreta, clasifícaos e busca información interesante sobre eles.

- Planta unha semente e coida dela estes días. Vai documentando os cambios que poidas observar, anotándoos no diario ou incluso pegando fotos que lle vaias sacando. Logo reflexiona e responde: como cres que se alimenta? que nutrientes necesita? investiga como se lle chama a ese proceso.

Lingua

- Lee tres capítulos dun libro que che guste. Logo resúmeos e grava un audio se podes (co móvil ou coa tablet). Xa veremos como compartilo para que tanto os vosos compañeiros como eu poidamos escoitalo. Lembrade expresarvos EN GALEGO e con coherencia, como se fosedes uns xornalistas a dar o telexornal do día!

- Elaborade unha receita e logo facédea. A familia pode participar tamén, de seguro que será divertido. Documentade o proceso sacándolle fotos e pegándoas no caderno/diario se queredes. Se non podedes imprimir as fotos simplemente debuxádeo. E non olvidedes poñer o resultado final papando todos para dar envexa!

- Escribide unha noticia de xornal sobre o Covid-19 con información sobre medidas de hixiene que debemos adoptar para evitar contaxios. Lembrade que as noticias periodísticas teñen un formato determinado e debedes mantelo (titular, foto, pé de foto e desenvolvemento da noticia respondendo que, cando, como, onde, por que e como).

- Analizade as seguintes frases (clase de palabras, clase de oración e suxeito e predicado):

Os nenos estudian na súa casa.

Eles non ven moita televisión.

A mestra pesada envía deberes.

Matemáticas

- Escribide 5 problemas e resolvédeos. Logo xa atoparemos a forma de que poidades enviarllos ao resto dos vosos compañeiros (sen as respostas) para que poidan facelos eles tamén.

- Páxina 109 do libro: facede o repaso acumulativo.

- Páxina 108: exercicio 1.

- Se tendes na casa algún cadernillo Rubio de operacións, facédeo. Se non tendes non vos preocupedes, xa argallarei algo. Os papás e mamás tamén poden poñervos unha suma, unha resta, unha multiplicación e unha división diariamente para repasar se queren.

Plástica

- Debuxa cada día algo que che guste, ou fai un proxecto ou manualidade reciclando plástico ou calquera outro material. Á volta montaremos unha exposición.

E antes de despedirme polo momento, recordade: non vos pasedes todo o día pegados ás pantallas (televisión, tablet, consola...) Hai moitas cousas que podedes facer e pasalo en grande. Por suposto, asumide responsabilidades na casa e colaborade nas tarefas domésticas. Coidádevos e disfrutade todo o posible a pesar da situación. Espero vervos prontiño. Un bico mooooooi grande para todos vós!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut