Skip to Content

Novas

O NOSO COLE RESULTOU GAÑADOR DO II CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO

O noso cole gañou o premio no II Concurso de Podcasts- Radio na Biblio cun podcast creado con motivo da visita do escritor Antonio García Teijeiro. Fíxose un traballo previo importante  a ese día  desde as diferentes áreas para coñecer, por unha banda, a este autor, a súa obra... e, pola outra, a elaboración dun programa de radio dentro do noso proxecto relacionado cos medios de comunicación. 

Nesta ocasión, os encargados de entrevistar na nosa radio a Antonio García Teijeiro foron Saúl, Breixo e Lucía. Dámoslles a noraboa a todos.

Podes volver a escoitar o podcast no seguinte enlace da nosa canle de Ivoox.

https://www.ivoox.com/antonio-garcia-teijeiro-radio-chans-audios-mp3_rf_57581618_1.html

 

GUÍA PROTOCOLO COVID-19

Premer no adxunto para visualizar a guía/resumo do protocolo COVID-19 da Xunta de Galicia.

Modelo enquisa autoevaluación

No documento adxunto preséntase un resumo do protocolo COVID-19 a disposición de toda a comunidade escolar. Na última folla teñen á súa disposición un modelo de enquisa de autoavaliación clínica para identificar síntomas compatibles coa enfermidade.

Avisos de centro

Os cheques de material e libros poderán recollerse a partir do 1 de setembro en conserxería de 09:00h a 14:00h. Non se permitirá o acceso ao centro sen mascarilla.

Comunícase tamén que se realizarán reunións de centro antes do inicio das clases para informar das novas dinámicas do centro e dar a coñecer o protocolo COVID adaptado ao centro.

Darase aviso a través da páxina web e AbalarMobil e levaranse a cabo nas datas máis próximas ao inicio do curso escolar en previsión de posibles modificacións nas instrucións recibidas dende o Ministerio e a Consellería segundo evolucione a situación estes días.

Lémbrase tamén a importancia de manter todas as precaucións posibles para evitar que os rapaces estean expostos a riscos innecesarios fóra do ámbito escolar que poidan contribuír ao aumento de contaxios, facendo fincapé na necesidade de manter a distancia social, o uso da mascarilla e o lavado de mans.

Para máis información poden consultar o protocolo establecido pola consellería na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/31579

 

As familias que desexen solicitar o servizo de comedor para este curso 2020-2021 deberán comunicalo a través do correo calidad@arelas.es ou no teléfono 986408151.

 

Un saúdo

 

Listaxe definitiva fondolibros

Poden consultar a listaxe definitiva de solicitude de libros na aplicación fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action no menú "cidadán".

O reparto das existencias farase durante os primeiros días de clase en setembro a través dos titores.

Asimesmo, poderán recoller os cheques de material a partir do mércores 2 de setembro en horario de 09:00 a 14:00h.

Durante o mes de xullo atenderanse as urxencias a través do correo electrónico do centro.

 

Un saúdo e bo verán

Publicación listaxe provisional fondolibros

Infórmase da publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas para acceder ao fondo solidario de libros do vindeiro curso 2020-21. Debido ao establecido na Lei de protección de datos non se publicarán as listaxes no tabolerio do centro, pero poden consultar a información accedendo á aplicación da Xunta Fondolibros, no menú "cidadáns".

O prazo de reclamacións finaliza o luns 6 de xullo e a poderán consultar a listaxe definitiva o martes 7 de xullo se non hai ningún contratempo.

O reparto dos libros do fondo farase en setembro cando os alumnos inicien as clases.

Os cheques de material repartiranse a partir do 1 de setembro en horario de 09:00h a 14:00h. Para acceder ao centro será necesario o uso de mascarilla.

 

Un saúdo

 

AS NOVAS DE SAN BARTOLOMÉ NO FARO DE VIGO

Atención! 

Na publicación de mañá venres do Faro de Vigo salirá un suplemento sobre o programa no que participamos este curso ,"O Faro da escola", no que falan do noso colexio e publican varias fotos e artigos nos que traballastes algúns de vós, dentro do proxeco deste curso: "Os medios de comunicación. Radio Chans"

Se queredes máis información visitade o blog da biblioteca, onde vos espera Mouchan con moitas outras novas: http://abibliotecademouchan.blogspot.com/

 

Modificación materia optativa

As familias que desexen MODIFICAR  a materia de Relixión pola de Valores Sociais e Cívicos e viceversa deberán comunicalo ao email do centro antes do venres 26 de xuño. Grazas.

REVISTA ESCOLAR DON CUCO 2020

Xa está aquí a revista don Cuco, este ano un pouco antes do habitual. Conseguimos rescatar e rematar algúns dos traballos que xa tiñades vós comenzados, ademáis de facer un resumo das principais noticias e unha galería de imaxes para tratar de recoller todo o que deu de si o presente curso, que foi moito! Desfrutade de momento da versión dixital.

Para acceder premede na imaxe da portada:

Distribuir contido


by Dr. Radut