Skip to Content

GUÍA PROTOCOLO COVID-19

Premer no adxunto para visualizar a guía/resumo do protocolo COVID-19 da Xunta de Galicia.

Modelo enquisa autoevaluación

No documento adxunto preséntase un resumo do protocolo COVID-19 a disposición de toda a comunidade escolar. Na última folla teñen á súa disposición un modelo de enquisa de autoavaliación clínica para identificar síntomas compatibles coa enfermidade.

Avisos de centro

Os cheques de material e libros poderán recollerse a partir do 1 de setembro en conserxería de 09:00h a 14:00h. Non se permitirá o acceso ao centro sen mascarilla.

Comunícase tamén que se realizarán reunións de centro antes do inicio das clases para informar das novas dinámicas do centro e dar a coñecer o protocolo COVID adaptado ao centro.

Darase aviso a través da páxina web e AbalarMobil e levaranse a cabo nas datas máis próximas ao inicio do curso escolar en previsión de posibles modificacións nas instrucións recibidas dende o Ministerio e a Consellería segundo evolucione a situación estes días.

Lémbrase tamén a importancia de manter todas as precaucións posibles para evitar que os rapaces estean expostos a riscos innecesarios fóra do ámbito escolar que poidan contribuír ao aumento de contaxios, facendo fincapé na necesidade de manter a distancia social, o uso da mascarilla e o lavado de mans.

Para máis información poden consultar o protocolo establecido pola consellería na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/31579

 

As familias que desexen solicitar o servizo de comedor para este curso 2020-2021 deberán comunicalo a través do correo calidad@arelas.es ou no teléfono 986408151.

 

Un saúdo

 

Listaxe definitiva fondolibros

Poden consultar a listaxe definitiva de solicitude de libros na aplicación fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action no menú "cidadán".

O reparto das existencias farase durante os primeiros días de clase en setembro a través dos titores.

Asimesmo, poderán recoller os cheques de material a partir do mércores 2 de setembro en horario de 09:00 a 14:00h.

Durante o mes de xullo atenderanse as urxencias a través do correo electrónico do centro.

 

Un saúdo e bo verán

Publicación listaxe provisional fondolibros

Infórmase da publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas para acceder ao fondo solidario de libros do vindeiro curso 2020-21. Debido ao establecido na Lei de protección de datos non se publicarán as listaxes no tabolerio do centro, pero poden consultar a información accedendo á aplicación da Xunta Fondolibros, no menú "cidadáns".

O prazo de reclamacións finaliza o luns 6 de xullo e a poderán consultar a listaxe definitiva o martes 7 de xullo se non hai ningún contratempo.

O reparto dos libros do fondo farase en setembro cando os alumnos inicien as clases.

Os cheques de material repartiranse a partir do 1 de setembro en horario de 09:00h a 14:00h. Para acceder ao centro será necesario o uso de mascarilla.

 

Un saúdo

 

Modificación materia optativa

As familias que desexen MODIFICAR  a materia de Relixión pola de Valores Sociais e Cívicos e viceversa deberán comunicalo ao email do centro antes do venres 26 de xuño. Grazas.

Quendas para devolución libros e recollida de material

Infórmase das quendas para que as familias poidan recoller o material do alumnado que solicitaron e para a devolución dos libros de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria do fondo de libros solidario.

As familias agardarán no exterior do centro mantendo a distancia de seguridade e con mascarilla a que sexan chamados para recoller o material e devolver os libros. Por motivos de seguridade non se atenderá fóra dese horario.

Martes 2 de xuño

09.30h -10.30h: E. Infantil

10.30h - 11.30h: 1º curso EP

11.30h- 12.30h: 2º curso EP

12.30h- 13.30h 3º curso EP

 

Mércores 3 de xuño

09.30h -10.30h: 4º curso EP

10.30h - 11.30h: 5º curso EP

11.30h- 12.30h: 6º curso EP

 

Xoves 4 de xuño para familias que non puidesen asistir os días anteriores e con cita previa: de 09.30h -10.30h

Lémbraselles que se non se efectúa a devolución dos libros non poderán acceder ao fondo solidario do vindeiro curso.

Un saúdo

 

CÓNTAME UN CONTO. PARTICIPA ! HABERÁ PREMIOS

Bo día

Estas últimas semanas puidestes ver unha serie de videocontos que algúns profes colgaron na web do cole e que seguirán aparecendo nas vindeiras semanas. Agora é a vosa quenda!

O equipo da biblioteca proponvos participar na mesma actividade para que vós fagades o voso propio videoconto.

En que consiste?

Moi fácil. Consiste en que cada nen@ ou en parellas (agora que xa podedes xuntarvos con medidas de seguridade) fagan un pequeno vídeo de non máis de 5 minutos, lendo ou contando un conto. Procurade ler a modo, vocalizando e amosando as imaxes ao ler ou cando rematedes a páxina. Recordades cando iades ler aos  de infantil? Podedes usar marionetas, bonecos, teatro, engadir música de fondo, efectos especiales...mesmo vos poden axudar as vosas familias poñendo voces.

Haberá premios para os mellores e algún agasallo para todos os participantes

A onde se enviarían os vídeos?

Ao WhatsApp do centro: 635.111.989

O vídeo debe enviarse co nome dos nenos e o curso ao que pertence.

Cal é o prazo para enviar os vídeos?

Tedes de prazo para o envío de vídeos  ata o luns 25 de maio.

IMPORTANTE: Cando fagades o vídeo comprobade que poñedes a cámara en horizontal, para que quede mellor.

Animádevos a participar!!

Mouchán

 

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020

Ola familias!!

Dende a escola queremos celebrar este ano o “Día das Letras Galegas 2020” dunha forma moi especial debido a situación tan excepcional que estamos a vivir. Dende o Equipo de Normalización Lingüística vos propoñemos unha actividade divertida e, a vez, motivadora para os nen@s.

En qué consiste?

Moi fácil. Consiste en que cada nen@ coa axuda da familia faga un cartel cunha frase en GALEGO dando ánimos e apoio ás demais familias. Logo faríades unha foto con esa mensaxe de ánimo que se enviaría ao cole. Con todas as fotos recibidas faremos unha montaxe de video que  publicaremos na páxina Web do centro o 16 de maio.

A onde se enviarían as fotos?

Ao WhatsApp do centro: 635.111.989

A foto debe enviarse co nome do neno e o curso ao que pertence para facilitarlle a labor a persoa responsable da montaxe do video

Cal é o prazo para enviar as fotos?

Tedes de prazo para o envío de fotos ata o luns 11 de maio.

IMPORTANTE:A frase de ánimo debe estar en GALEGO e cando fagades a foto comprobade que poñedes a cámara en horizontal, para que quede mellor a montaxe.

Animádevos a participar, que seguro vos fará ilusión ver aos compañeir@s  despois  de  tanto tempo!!

Avisos de centro

Infórmase ás familias que non deran comunicación sobre problemas técnicos ou doutro tipo para que os seus fillos poidan recibir as clases telemáticamente e das que non se tiveron noticias ata o momento (non remitiron as tarefas escolares, nin responderon aos requerimentos dos mestres a través de diversos medios) están privando aos seus fillos do seu dereito á educación, establecido no artigo 27 da Constitución Española.

Por este motivo, a dirección do centro remitirá un informe á Inspección Educativa para que tome as medidas axeitadas e garantizar a educación deses alumnos durante o terceiro trimestre.

Por outra banda, quérese agradecer o esforzo do resto de familias e profesorado que a pesar das dificultades están a poñer todo da súa parte para garantir este proceso.

Aclárase que as actividades propostas para o alumnado de E. Infantil siguen unha dinámica moi diferente ás de E. Primaria, polo que as familias deberán axustarse ás indicacións que as mestras dean por AbalarMobil ou a través do blog.

Por último, infórmase de que se pon a disposición das familias o teléfono 635.111.989 para que se remitan as FOTOS E VÍDEOS POR WHATSSAPP dos proxectos de biblioteca, maios, etc. NON SE REMITIRÁN AS TAREFAS ESCOLARES DAS MATERIAS. TAMPOUCO SE ATENDERÁN CHAMADAS TELEFÓNICAS OU DÚBIDAS. Para este caso dispoñen dos emails que se facilitaron ata o momento e o teléfono do centro. Puntualízase que o teléfono do centro está operativo pero que debido ao aluvión de chamadas entrantes en certos momentos non é posible dar resposta inmediatamente. Prégase que nestes casos volvan a chamar novamente. Graciñas.

Distribuir contido


by Dr. Radut