Skip to Content

2º ciclo

TAREFAS 3º CURSO SEMANA 27-30 ABRIL

Bo día nen@s!!

Nos arquivos adxuntos déixovos as tarefas para esta semana. 

Lembrade visitar os blogs das diferentes especialidades para ver as tarefas que vos deixaron os especialistas esta semana. Ademáis,pasade polo blog da biblioteca... agárdavos unha sorpresa, seguro que vos gustará!!

Non esquezades que é a semana dos maios e tedes unha actividade proposta na páxina principal.

Unha aperta da vosa profe Otilia!

Solucionarios 4º curso 20- 24 abril

Bo día, nenos:

Déixovos o solucionario desta semana para que corrixades as operacións e vexades onde tendes os erros. Vexo que en xeral custouvos moito calcular as divisións, estamos un pouco oxidados pero non vos preocupedes que en seguida collemos de novo o ritmo.

Desta vez utilicei outro formato para enviarvos as respostas, pero penso que é máis fácil para vós que vos suba directamente a ficha coas respostas do me puño e letra. Cando me volva a poñer en contacto convosco preguntareivos ao respecto para utilizar o que vos sexa máis sinxelo.

Pasade un bo finde e non olvidedes facer a actividade dos maios que se propón na páxina principal, é moi divertida!

Bicos mil.

xxx

Tarefas 4º semana 20-25 abril

Boa tarde, nenos!

Nos arquivos adxuntos déixovos as actividades desta semana. Unha é unha ficha de matemáticas e a outra é unha actividade moi chula que deseñou a profe Begoña e que engloba varias materias.

A min remitídesme a ficha de matemáticas e os problemas que inventáchedes vós os primeiros 15 días do confinamento. Á profe Bego remitídeslle o resto das actividades, pero se tendes dúbidas con exercicios de matemáticas ou lingua podedes plantexarmos a min.

Lembrade tamén entrar nos blogs dos mestres especialistas e facer as actividades que vos propoñen, xa que é a forma que temos de facer un seguimento das vosas tarefas. 

Por último achégovos unha proposta de Mouchán para o Día do Libro:

Facede unha foto vosa cun libro que estedes lendo cun que vos gustase moito, incluso podedes enviar un vídeo moooi breve. Logo enviádello a profe Bego, tendes de prazo ata este mércores 22 de abril. Animádevos!

P.d. Non houbo forma de subir os arquivos adxuntos ata agora, sinto a tardanza...

TAREFAS PARA 3º CURSO (SEMANA 20-24 ABRIL)

 

Bo día nen@s!

 

Esta semana celébrase o  “Día do Libro” polo que a adicaremos á lectura, podedes entrar no blog da biblioteca (abibliotecademouchan.blogspot.com) onde atoparedes diferentes recursos para traballar a lectura esta semana.

 Co solucionario que vos mandei, revisade as tarefas e autocorrexide os erros na vosa libreta para non volver cometelos.Adxunto documento das solucións que faltaban.

Visitade os blogs das diferentes especialidades, incluida Relixión, para ver as tarefas que vos deixaron para esta semana. Para que vos sexa máis cómodo e non vos liedes co dos outros cursos, facede clic en etiquetas onde pon "3º PRIMARIA" e xa vos sae todo o voso.

Calquera dúbida, suxerencia ou problema para facer un seguimento do proceso de aprendizaxe deberedes comunicarmo  por correo electrónico .

Un bico da profe Otilia

Actividade do Día do Libro

Desde o Equipo de Biblioteca organizouse unha actividade que consiste en que, todos aqueles que queirades, podedes enviar unha foto ou un breve vídeo duns segundos cun libro que vos guste moito ou que esteades lendo nestes intres.

Enviaranse ao correo electrónico da profe Begoña M. (de música).

O prazo para envialo é o mércores 22 pola mañá.

Con todas as fotos/vídeos que enviedes farase unha montaxe de vídeo que será publicada nas canles de comunicación do cole o xoves día 23 que é o día propio desta celebración. Así, poderedes vervos uns a outros.

Esperamos que vos guste esta iniciativa da celebración do Día do Libro por medios virtuais.

Unha aperta moi forte

Solucionarios 14-17 abril

Boa tarde, nenos:

Premede no adxunto para ver os solucionarios. No caso de matemáticas vou revisar o que me enviáchedes, pero aínda así debedes revisar vós e correxir os erros na vosa libreta para que sexades conscientes deles.

Disfrutade do fin de semana, luns máis e mellor ;)

SOLUCIÓNS TAREFAS 3º SEMANA 14 ABRIL

 

Ola nen@!

No arquivo adxunto mando as solución das actividades da semana, comprobade as vosas respostas. Revisade tamén os blogs dos especialistas.

Por outra banda, o Equipo de Biblioteca por mor do “Día do Libro” propón para todos aqueles que queirades unha actividade: consiste en que fagades unha foto co libro que estedes lendo ou ben dalgún que vos guste especialmente e logo reenviala ó correo notificado por AbalarMóbil no prazo indicado. Logo realizaremos unha montaxe con todas aquelas fotos ou vídeos recibidos.

Un bico da vosa profe Otilia

Tarefas escolares 4º curso 14-17 abril

Boa tarde, nenos!

Agardamos que disfrutasedes das vacacións de Semana Santa aínda que estivésedes confinados...

Volvemos ao traballo, esta vez xa para iniciar o terceiro trimestre. Facede as actividades dos arquivos adxuntos (a ficha de matemáticas facédea na libreta ou nun folio se non podedes imprimila), e ademais:

Deberedes fixar os vosos obxectivos para este trimestre, tendo en conta a particularidade de que estades confinados e as circunstancias cambiaron. Lembrade que debedes elexir obxectivos realistas e concretos. Tendes ata o venres para envialos ao meu correo lopezprego@edu.xunta.es

Ademáis deberedes ler o tema 6 de Ciencias Naturais, facer un esquema de cada un dos  bloques e as actividades das páxinas 85, 87,89 e 91. Se tendes dúbidas ou mas plantexades no email que enviedes ou as anotades para cando vos volva chamar, como prefirades. Os esquemas enviádeos no email.

Ademáis deberedes revisar os blogs dos mestres especialistas, que xa teñen colgadas actividades novas para que fagades.

Un bico grande de parte de todos os profes!

Tarefas 3º curso semana do 14 de Abril

Bo día nen@s!!

Xa remataron as vacacións, e só quedan os contidos do 3º trimestre para pasar a 4º, polo tanto moito ánimo!!

As vosas familias xa teñen no AbalarMóbil as indicacións a seguir para facer as tarefas que vos deixo aquí. Non esquecerse coma sempre da lectura diaria.

Disfrutade da familia e aproveitade para facer actividades xuntos, todo aquelo que vos propoñades e queirades, este é o momento!!

Un bico e unha aperta grande da vosa titora Otilia!

SEMANA SANTA 3º CURSO

Que tal nen@s!!

Esta semana estamos de vacacións polo tanto descansamos sen esquecernos da lectura. Para aqueles que queirades, xa sabedes que seguen activos xogos e actividades educativas nos diferentes blogs (blog da biblioteca, inglés, música, educación física, orientación...)

Disfrutade das vacacións e collede forzas para retomar o 3º trimestre con ilusión!

Un bico da vosa titora!!

Distribuir contido


by Dr. Radut