Skip to Content

Novas

Quilómetros de saúde. Combatendo o sedentarismo.

 QUILÓMETROS DE SAÚDE

“Combatendo a pandemia da obesidade e o sedentarismo”

QUE IMOS FACER?

A actividade consiste en realizar semanalmente  e durante a xornada lectiva, andainas pola variante  espiritual do Camiño de Santiago.

 

CALES SON OS OBXECTIVOS DA PROPOSTA?

 

Aumentar o nivel de actividade física do alumnado,  que se viu mermado polas restricións derivadas da pandemia.

Favorecer  hábitos de vida saudables e mellorar a capacidade física, para facer fronte a “outra pandemia” da sociedade actual:  a obesidade e o sedentarismo.

Motivar ao alumnado a superarse  semana  a semana, mellorando a súa autoestima e autoconcepto.

Promover actividades físicas e lúdicas  no exterior, cumprindo cos protocolos sanitarios establecidos.

Valorar o patrimonio cultural e natural  da contorna  ao tempo que se traballa o Camiño de Santiago, que forma parte do PDI da escola para este curso.

 

QUE DÍA/-S IMOS CAMIÑAR

 1º-2º de Primaria: LUNS

 3º e 4º de Primaria:  MÉRCORES

 5º e 6º de Primaria: MARTES  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO EN FAMILIA

Participa coa túa familia na elaboración de receitas típicas do Entroido que poderedes compartir con todos, unha vez se publiquen nesta páxina web. Cubride a plantilla e enviade unha foto do resultado ou do proceso, cos cociñeiros/as e axudantes.

Os que aínda non tedes a ficha, e queredes ir facendo a receita xa esta fin de semana, podedes descargala no archivo adxunto.

 

CALENDARIO 2021

Ola familias,

Xa temos listos e repartidos en cada aula os calendarios do ano 2021. A temática deste ano é "Os camiños de Santiago" e cada curso encargouse de facer duas follas correspondentes a dous meses. Aquí tedes o resultado nun vídeo realizado polo ENLD

 

Clase de yoga en Tremoedo

Os nenos e nenas de Educación Infantil de Tremoedo rematan a xornada cunha clase de yoga en inglés, co mestre de educación física e a colaboración experta da auxiliar de conversa, Alicia Ortiz

 

FESTIVAL DE NADAL 2020-PANXOLIÑAS

Este ano tan particular tampouco queremos renunciar a celebrar o Nadal , así que decidimos adicar a todos vós estas panxoliñas e coreografías navideñas que ensaiamos e gravamos con toda a nosa ilusión (e medidas de seguridade).

Esperamos que as desfrutedes.

Parabéns a tódolos bailaríns e bailarinas e  aos mestres que se encargaron das coreografías, ensaios, gravación e montaxe dos vídeos.

 

Bo Nadal!

¡Feliz Navidad!

Merry Christmas!

Joyeux Noël!

Mele Kalikimaka!

 De todo o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe San Bartolomé



 

Boletíns de notas

Debido á situación de adaptación á COVID-19 o boletín de notas poderá consultarse unicamente a través de AbalarMóbil, agás excepcións xustificadas segundo criterio da dirección.

Estarán dispoñibles o venres días 26 de marzo a partir das 12:00h.

Axudas adquisición de máscaras alumnado

Infórmase da convocatoria para a solicitude de máscaras para o alumnado de E. Primaria, regulado pola Orde do 6 de novembro de 2020.

NON terá que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algún dos seguintes requisitos:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O prazo de solicitude remata o 27 de novembro. Os impresos deberán presentarse en conserxería de 12:30 a 13:00h mantendo as medidas hixienico- sanitarias pertinentes.

Premer no arquivo adxunto para imprimir o formulario.

 

SAMAÍN 2020

Este ano celebramos o Samaín dun xeito diferente. 

Preme na imaxe para acceder ao vídeo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut