Skip to Content

ENTROIDO 2022

O Entroido volve ao noso cole un ano máis e coas mesmas ganas de sempre. Moita cor e orixinalidade en tódolos disfraces e a decoración , onde non faltaron os peliqueiros e máscaras elaboradas polos nenos e nenas!

Princesas, dragóns, fadas, robots, superheroínas e superheroes,... e mesmo unha manifestacións de hippies reclamando a paz no mundo!

 Cada grupo elixiu o seu disfraz favorito. Aquí están os gañadores

Admisión alumnado 2022-2023

Pola presente infórmase da apertura do proceso de admisión de alumnado para o curso 2022-2023, que terá lugar do 1 ao 21 de marzo.

Normativa reguladora:

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

As familias poderán presentar o impreso ED550B (premer no arquivo adxunto para visualizalo/imprimilo) de forma presencial en conserxería, a través da aplicación admisionalumnado ou a través da sede electrónica.

Prazas vacantes para o vindeiro curso 2022-2023:

 

CURSO

PRAZAS CUBERTAS

PRAZAS VACANTES

E. I.3- 4-5 anos

16

24+3NEAE

7

18+3NEAE

16

9

11

14

10

15

11

14

10

15

 

 

OBRADOIRO DE ALMORZOS SAUDABLES

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso do noso centro fixeron unha visita didáctica ao obradoiro de hostalería que se está a levar a cabo no Pazo de Vista Real, onde puideron desfrutar duns deliciosos manxares e algúns deles elaborados por eles mesmos! Houbo algunha que outra sorpresa!

 

 

Proclamación de candidaturas ao Consello Escolar

Infórmase das seguintes candidaturas para o sector de familias:

1. Raquel Fernández Prado.

2. María Lucía Vázquez Castro.

 

Distribución máscaras entre o alumnado

Terán dereito ás máscaras todos os alumnos matriculados en educación primaria que fose benificiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

Terán que presentar solicitude:

- Os alumnos que pertenzan a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Para máis información poden consultar a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras.

 

Eleccións ao Consello Escolar 2022

Pola presente infórmaselles de que este curso terá lugar a renovación do Consello Escolar do sector de familias e de mestres, segundo o establecido na lexislación vixente.

 28 de outubro ás 12:00h terá lugar o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, que deberá velar polo cumprimento de todo o proceso.

Asimesmo, infórmase do calendario para as eleccións de membros do sector de pais/nais:

Prazo de presentación de candidaturas: do 11 ao 16 de novembro.

Reclamacións contra as candidaturas: ata o 17 de novembro.

Votacións: martes 29 de novembro (de 09:00h a 10:00h, de 13:30h a 14:00)

ALMORZOS SAUDABLES

Lembremos a importancia dunha boa alimentación xunto coa actividade física no noso día a día, para garantir unha boa saúde

Para máis información consulte ou descargue o documento adxunto.

MATERIAL PARA O CURSO 2021-2022

Nos documentos adxuntos poden consultar ou descargar as listaxes de material que deberá adquirir o alumnado dos diferentes niveis para o presente curso 2021-2022.

Se teñen algunha dúbida consulten co profesorado titor.

O NOSO COLE RESULTOU GAÑADOR DO II CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO

O noso cole gañou o premio no II Concurso de Podcasts- Radio na Biblio cun podcast creado con motivo da visita do escritor Antonio García Teijeiro. Fíxose un traballo previo importante  a ese día  desde as diferentes áreas para coñecer, por unha banda, a este autor, a súa obra... e, pola outra, a elaboración dun programa de radio dentro do noso proxecto relacionado cos medios de comunicación. 

Nesta ocasión, os encargados de entrevistar na nosa radio a Antonio García Teijeiro foron Saúl, Breixo e Lucía. Dámoslles a noraboa a todos.

Podes volver a escoitar o podcast no seguinte enlace da nosa canle de Ivoox.

https://www.ivoox.com/antonio-garcia-teijeiro-radio-chans-audios-mp3_rf_57581618_1.html

 

HORARIOS 2023-2024

No seguinte documento adxunto poderán visualizar e/ou descargar os horarios dos grupos para o presente curso 

Distribuir contido


by Dr. Radut