Skip to Content

2º ciclo

Escape room para o alumnado de 3º e 4º curso

Bo día nenos e nenas,

Como ben sabedes a data do Día das Letras Galegas está ao caer.  Non nos imos quedar sen celebralo. Para iso preparareivos unha pequena reseña sobre o autor deste ano: Ricardo Carvalho Calero.

Deste xeito, o xogo deste semana consiste nun escape room sobre  este gran escritor. Seredes capaces de completar a misión e conseguir a clave para completar esta aventura?

Para que vos sexa máis fácil seguir o xogo, activade o volume do voso dispositivo e clicade no autofalante laranxa que aparece na pantalla de inicio. Así haberá unha voz que vos vai guiar e axudar. Outro consello é que vaiades anotando os números que vos aparecen ao completar a cada misión nun caderno para non esquecervos deles.

Aquí tendes o enlace da páxina por se o queredes abrir noutra pestaña

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

 

Tamén prepareivos un xogo cuns pequenos problemas matemáticos. Ao resultado final sacádelle unha captura de pantalla ou unha fotografía ao ordenador e enviádea a marinas@edu.xunta.gal

Aquí tendes o enlace para poder acceder:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5719184-problemas_problematicos_11_3.html

Por último, se tendes calquer dúbida ou problema coas tarefas escríbideme ao correo de antes para así, poder axudarvos

Unha aperta,

Mariña

Tarefas escolares 4º curso 11-15 maio

Bo día, nenos!

Ademais das tarefas que enviamos nos arquivos adxuntos, esta semana queremos que fagades un mural recompilando toda aquela información que aprendíchedes sobre o proxecto dos plásticos ata o momento. Datos interesantes que recabáchedes, vocabulario específico, recomendacións xerais para reducir o plástico... incluso podedes achegar información sobre a noticia de Alejandra tamén.

Para a realización do mural podedes utilizar todo o material do que dispoñades: cartolina, rotuladores, pegamento, folletos explicativos... Esforzádevos para facelo, xa que para a vindeira semana imos continuar a traballar sobre este tema. O venres podedes enviar unha foto vosa co mural ao meu email e ao da profe Begoña.

Mans á obra, artistas!

TAREFAS 3º CURSO, SEMANA 11-15 MAIO

Ola rapaces!!

Esta semana, como xa sabedes celebramos o Día das Letras Galegas, polo que as tarefas serán relacionadas co autor protagonista deste ano, Ricardo Carvalho Calero. Podedes atopalas no arquivo adxunto. 

Un bico da vosa profe Otilia.

SOLUCIÓNS 3º CURSO SEMANA 4-8 MAIO

Bo día!

Aquí vos deixo as solucións desta semana para comprobar as vosas respostas.

Disfrutade do fin de semana!!!

Unha aperta da vosa profe Otilia

TAREFAS 3º CURSO, semana 4-8 Maio

Bo día nen@s!!

Nos arquivos adxuntos déixovos as tarefas desta semana.

Mariña vai deixar material audiovisual como complemento e de repaso que tamén deberedes facer todo o alumnado de 3º curso.

Por outra banda, visitade os diferentes blogs de especialidades e esta semana, por mor da celebración das Letras Galegas, podedes ver unha nova proposta de actividade na páxina principal.

 

Unha aperta grande da vosa titora!

Actividades e xogos PROA

Boas rapaces e rapazas!

 

Espero que as actividades da semana pasada vos gustaran e foran amenas

Para esta semana imos ver un vídeo sobre tres irmáns que desoíndo o que lles dicía a súa nai, atrevéronse a entrar no bosque no que vivía… unha bruxa!!

Que lles pasaría aos nenos? Se queredes saber máis tendes que mirar a película  que vos aparece no arquivo adxunto.

Ademais, nel tamén atoparedes un reto matemático para repasar as táboas de multiplicar.

Cando rematades as actividades propostas, tendes que sacarlles unha fotografía, xa sexa ao voso caderno ou á pantalla do ordenador e mandala a este correo: marinas@edu.xunta.gal

Tendes todo explicado moito máis polo muído no arquivo adxunto. 

Moitos saúdos,

Mariña

Actividades 4º curso

Bo día, rapaces!

Envíamos as actividades desta semana para que reenviedes por duplicado antes do venres á profe Begoña e a min por email. 

Recordade entrar no blog da profe Begoña e o resto de especialistas, que hai actividades novas para vós.

Saúdos!

Solucionario 4º curso 27 abril- 1 de maio

Boa tarde, nenos

Antes de nada quería felicitarvos polos vosos traballos do maio. Quedaron preciosos e ademais aos mestres fainos moita ilusión vervos, aínda que sexa a través dunha fotografía ou un vídeo. Botámosvos moito de menos...

Premede no adxunto para ver o solucionario de matemáticas. E aínda que hoxe é dia de colgar soamente o solucionario, gustaríame que reflexionasedes tamén sobre o festivo de hoxe. Que se celebra? Por que é tan importante este día? 

Para rematar, deséxovos un bo fin de semana. Mañá será tamén un día especial para min, por fin podo saír a correr de novo! Pouquiño a pouco volvemos á normalidade, pero mantendo algunhas precaucións. Xa falta menos para vernos!

Unha aperta grande, parrulos

Actividades e xogos PROA

Bo dia nenos e nenas, son Mariña, a profe de PROA, acordadevos de min? Eu de vós si eh!!

Por iso, vouvos achegar uns xogos que van servir de axuda a que vos lembredes do que fuchedes dando ao longo do curso. Estas actividades as poden facer todos os nenos e nenas dos dous cursos.

No seguinte arquivo adxunto atoparedes os xogos e as instrucción para poder facelos.

Espero que vos gusten e o pasedes ben!

Unha aperta,

Mariña

Actividades 4º curso 27 abril- 1 maio

Bo día, nenos!

Onte foi a primeira vez que puidéchedes sair para dar unha voltiña dende que comezou o confinamento, agardo que disfrutasedes moito e por suposto, que adoptasedes as medidas de prevención que vos indicaron os vosos pais.

Nos adxuntos tendes as actividades da semana para facer e logo remitir ao correo.

Xa queda menos, ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut