Skip to Content

Novas

Información inicio de curso

Infórmase de que o horario das clases para os días 8 e 9 de setembro será de 10:00h a 13:00h, con servizo de autobús adaptado a ese horario para o alumnado que solicitou o servizo no mes de xuño.

Asimesmo, tamén se comunica a realización dunha reunión por parte da dirección do centro o martes 6 de setembro ás 16:00h para informar de diversos aspectos de interese de cara ao inicio de curso, á que poderán asistir todas as familias interesadas (conviencia leis educativas, novas dinámicas post- Covid, etc). 

Agardamos a súa asistencia e aproveitamos para desexarlles un bo comezo de curso nesta anhelada volta á normalidade.

Un saúdo

Festival Solidario

Infórmase á comunidade escolar de que o vindeiro venres 10 de xuño vaise celebrar o festival Solifesti a favor da causa de Leo, o cativo do noso mestre e amigo Antonio Diz Piñeiro que naceu cunha enfermidade ultrarrara que precisa dun trasplante pulmonar pediátrico.

O centro vai colaborar coa recollida de firmas presencial para solicitar á Consellería de Sanidade que sexan sufragados o gastos das familias que deben desplazarse a outra comunidade autónoma para recibiren a atención médica necesaria.

Ademais poderán adquirirse rifas e camisetas a través da ANPA As Chans para recabar fondos para esta causa.

Agradecemos a resposta da comunidade escolar durante este tempo, que transmitíu o seu cariño a Leo e á súa familia. Grazas de corazón a todos polo vosa forza e apoio, non hai palabras que poidan expresar o noso profundo agradecemento.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Adxúntase os documentos de formalización de matrícula para o alumnado de nova incorporación ao centro.

Poden presentar a documentación en conserxería en horario de 09:00h a 15:00h dende o día 20 ata o 30 de xuño.

 

ENTROIDO 2022

O Entroido volve ao noso cole un ano máis e coas mesmas ganas de sempre. Moita cor e orixinalidade en tódolos disfraces e a decoración , onde non faltaron os peliqueiros e máscaras elaboradas polos nenos e nenas!

Princesas, dragóns, fadas, robots, superheroínas e superheroes,... e mesmo unha manifestacións de hippies reclamando a paz no mundo!

 Cada grupo elixiu o seu disfraz favorito. Aquí están os gañadores

PARTICIPANTES E GAÑADORES DO CONCURSO

Noraboa aos gañadores e a tódolos participantes que contribuiron a dar un pouco de color e alegría ao Nadal.

PREMIADOS POR CICLO E NA CATEGORÍA MESTRES

 

 

 

 

 

 

 

 

UGLY CHRISTMAS SWEATER CONTEST

Seguindo unha tradición navideña que comenzou en Canadá e os Estados Unidos na década dos anos 80, este ano imos celebrar o "I concurso de xerséis de Nadal" (Ugly Christmas sweater  contest).

Terá lugar o día 21 de decembro e poderán participar todos aqueles que o desexen (alumnado e profesorado)

Os sinais que indican que un se atopa diante dun ‘ugly christmas sweater’ son: as cores vermella e verde en tonalidades rechamantes, renos, árbores de nadal ou calquera simboloxía típica navideña. O protocolo para este día esixe unha etiqueta básica: ir cun xersei  moi colorido con motivos navideños, mesmo de confección propia.

Haberá premios para os máis divertidos, orixinais e vistosos.

 

OBRADOIRO DE ALMORZOS SAUDABLES

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso do noso centro fixeron unha visita didáctica ao obradoiro de hostalería que se está a levar a cabo no Pazo de Vista Real, onde puideron desfrutar duns deliciosos manxares e algúns deles elaborados por eles mesmos! Houbo algunha que outra sorpresa!

 

 

MATERIAL PARA O CURSO 2021-2022

Nos documentos adxuntos poden consultar ou descargar as listaxes de material que deberá adquirir o alumnado dos diferentes niveis para o presente curso 2021-2022.

Se teñen algunha dúbida consulten co profesorado titor.

COMENZO DO CURSO ESCOLAR 2021-2022

As clases darán comenzo o xoves, 9 de setembro co horario habitual de 09:00 a 14.00 horas.

O protocolo de entradas e saídas seguirá sendo o mesmo do curso pasado.

Tamén entrarán en funciomamento os servicios de Plan Madruga e Comedor escolar.

O período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil será o seguinte:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut