Skip to Content

SAMAÍN 2022

Vai chegando o Samaín e comezamos a decorar o colexio coas portas máis terroríficas!

O venres 28 de outubro faremos a exposición de cabazas de Samaín que poderán visitar tamén as familias que o desexen, en horario de 13:00 a 13:30 na sala multiusos do centro, que se convertirá na cova do terror!

Coma en anos pasados, convocamos o CONCURSO DE RELATOS DE MEDO, no que haberá premios para os gañadores en tódolos cursos. Animádevos a participar!

 

FESTIVOS CURSO 2022-2023

Infórmase dos días festivos para este curso escolar:

Días lectivos

Comezo o 8 de setembro de 2022 e remate o 21 de xuño de 2023. ambolos dous inclusive.

Días non lectivos

Venres, 16 de setembro: San Cibrán

Mércores, 12 de outubro: Festa Nacional

Luns, 31 de outubro. Día do Ensino

Martes, 1 de novembro: Defuntos

Martes, 6 de decembro: Día da Constitución Española

Xoves, 8 de decembro: A inmaculada

23 de decembro ata o 6 de xaneiro: Nadal

20 de febreiro ao 22 de febreiro: Entroido

3 ao 10 de abril: Semana Santa

Mércores, 17 de maio: Día das Letras Galegas

Luns, 1 de maio:día do traballador

Martes, 2 de maio regulado polo Real Decreto 2001/1983

 

Horario período de adaptación 3 anos

Tal e como recolle a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23, os centros docentes que impartan a etapa de Educación Infantil poderán optar por unha incorporación gradual do alumnado matriculado no cuarto curso (3 anos), que non se prolongará máis alá do día 16 de setembro de 2022.
Dita incorporación gradual queda establecida do seguinte xeito:

 

8 e 9 de setembro
 
10:30-12:00h
12 e 13 de setembro
 
10:30-12:30h
14, 15 de setembro 10:00-13:00h

 

Información inicio de curso

Infórmase de que o horario das clases para os días 8 e 9 de setembro será de 10:00h a 13:00h, con servizo de autobús adaptado a ese horario para o alumnado que solicitou o servizo no mes de xuño.

Asimesmo, tamén se comunica a realización dunha reunión por parte da dirección do centro o martes 6 de setembro ás 16:00h para informar de diversos aspectos de interese de cara ao inicio de curso, á que poderán asistir todas as familias interesadas (conviencia leis educativas, novas dinámicas post- Covid, etc). 

Agardamos a súa asistencia e aproveitamos para desexarlles un bo comezo de curso nesta anhelada volta á normalidade.

Un saúdo

Banco Fondolibros e cheques axudas libros e material

Infórmase que foron publicadas as listaxes de admitidos para o empréstito de libros Fondolibros.

Por outra banda, os cheques de axuda para a adquisición de libros e material para o 1º e 2º ciclo de E. Primaria poderán recollerse a partir do 1 de setembro, en horario de 09:00h a 14:00h e os martes de 16:00h a 18:00h.

Un saúdo e bo verán

Libros de texto 2022-2023

Premer no arquivo adxunto para visualizar a listaxe de libros para o vindeiro curso 2022-2023.

Festival Solidario

Infórmase á comunidade escolar de que o vindeiro venres 10 de xuño vaise celebrar o festival Solifesti a favor da causa de Leo, o cativo do noso mestre e amigo Antonio Diz Piñeiro que naceu cunha enfermidade ultrarrara que precisa dun trasplante pulmonar pediátrico.

O centro vai colaborar coa recollida de firmas presencial para solicitar á Consellería de Sanidade que sexan sufragados o gastos das familias que deben desplazarse a outra comunidade autónoma para recibiren a atención médica necesaria.

Ademais poderán adquirirse rifas e camisetas a través da ANPA As Chans para recabar fondos para esta causa.

Agradecemos a resposta da comunidade escolar durante este tempo, que transmitíu o seu cariño a Leo e á súa familia. Grazas de corazón a todos polo vosa forza e apoio, non hai palabras que poidan expresar o noso profundo agradecemento.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Adxúntase os documentos de formalización de matrícula para o alumnado de nova incorporación ao centro.

Poden presentar a documentación en conserxería en horario de 09:00h a 15:00h dende o día 20 ata o 30 de xuño.

 

APERTURA PRAZO FONDO LIBROS E MATERIAL PRIMARIA

Infórmase da apertura do prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto nos cursos de 1º e 2º de E. Primaria, a participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e para a adquisición de material escolar para a etapa de E. Primaria.

Poderán presentar as solicitudes dende o 19 de maio ata o 22 de xuño de forma presencial adxuntando o impreso ED330B, que poden descargar no arquivo anexo, ou ben vía electrónica na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para calquera aclaración poden consultar a convocatoria na Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto (dog nº 95 do mércores 18 de maio de 2022)ou ben dirixirse ao centro escolar.

Admisión alumnado curso 2022-2023

Pola presente infórmase a todos os interesados que todas as solicitudes de admisión de novo alumnado foron admitidas. Asimesmo, tamén se recorda que poden realizarse matriculacións para o ciclo de E. Infantil e E. Primaria en período extraordinario a partir deste momento ata completar cupo.

Publicaranse as instrucións para a formalización da matrícula no mes de xuño en canto sexan remitidas pola Consellería de Educación.

Un saúdo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut