Skip to Content

3º ciclo

Actividades da semana do 8 de xuño para 5º e 6º

Boas rapaces!

Xa case estamos na recta final final do curso, para esta semana vouvos propoñer un xogo.

 Misión, rescatar a Hagrid

Este xogo está baseado nas aventuras do mundo máxico de Harry Potter. 

A aventura comeza con esta mensaxe de Dumbledore:

Estimados alumnos de Tremoedo:

A maldade fíxose con Hogwarts... "O que non debe ser nomeado" conseguiu sobre pasar os muros e levou a Hagrid con el!
Preciso a túa axuda para rescatalo antes de que sexa demasiado tarde... 
Moita sorte meus queridos magos.
 
Hogwarts xa non é un lugar seguro!

Para poder xogar tendes que ter a man o caderno, un lapis e unha goma de borrar.

As instrucións son moi sinxelas, podedes xogar tantas persoas como personaxes hai dispoñibles. (Todos os maiores de 8 anos poden xogar). Así que podedes xogar con amigos, familiares… Para comezar tendes que:

- Escoller unha personaxe das 3 que tendes dispoñibles (Hermione, Ron e Harry)

- Tirar o dado por quendas, comeza o máis novo do grupo e así ata o máis maior en idade.

-  Unha vez obtido o teu número, pinchas na casilla que che corresponde. Aparecerache un desafío que tes que completar. Tes que anotar no teu caderno o resultado do exercicio. Non fai falta copiar enunciados, só e resposta e dicirme cal é a casilla na que caíches.

- Despois de solucionar o desafío pos a túa personaxe enriba desa casilla. Para non esquecer onde estabas.

- Unha vez que completaches o desafío, tócalle ao seguinte xogador. Ollo! Todos os xogadores/as teñen que completar os seus desafíos.

- Para chegar ao final tes que caer na casilla que pon Fin, se te pasas de números vas para atrás de volta (como no parchís) ata conseguir caer alí.

- Unha vez rematado o torneo, tendes que mandarme unha fotografía do voso caderno e as capturas dos desafíos online ao meu correo: marinas edu.xunta.gal

Aquí tendes o enlace para acceder ao xogo:

https://view.genial.ly/5edf73a4fa7f690d0c8834d1/interactive-content-taboleiro-maxico

Como sempre, se tendes calquer dúbida escríbideme.

 

Unha aperta,

 

Mariña

ACTIVIDADES SEMANA 8 A 12 DE XUÑO- 5º CURSO

Ola rapaces!!

No arquivo adxunto están as  tarefas para esta semana. Tendo en conta que xa non tedes libros na casa deixo unhas fichas de repaso que xa serán as últimas. Así que vos pido un último esforzo antes das vacacións e aqueles que teñades algo pendente debedes de envialo esta semana.

 

Mar

Tarefas para a semana .6º (8/06/2020)

Ola rapaces!

Déixovos nos arquivos adxuntos as actividades para esta penúltima semana de clase. Non é necesario que imprimades todas as follas, pois podedes facer as tarefas no caderno.

Non esquezades visitar os blogs dos especialistas.

Solucionario ás actividades de 6º do 1 de xuño

Ola rapaces!

Déixovos nos arquivos adxuntos as solucións ás actividades desta semana.

Unha aperta

Manolo (titor)

Actividades da semana do 1 de xuño para 5º e 6º

Boas rapaces!

Xa estamos entrando na recta final do curso. Como supoño que estaredes xa bastantes cansos, esta semana imos facer dúas actividades. 

A primeira é un rosco pasapalabra con algunha definición de mates. A segunda é un misterio sobre a desaparición da caixa máxica de Matracas.

Premede na ligazón para ir ao rosco co pasapalabra de Matemáticas:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5944525-rosco_de_matematicas_6_raco.html

 

Aquí está o enlace coa desaparición da caixa máxica de Matacras:

https://view.genial.ly/5c5834d88805472c3454826e/interactive-content-breakout-mates

 

Cando rematedes ambas tarefas, mándeme unha captura co resultado final ao correo electrónico: marinas@edu.xunta.gal

 

Moito ánimo!

 

Unha aperta,

Mariña

ACTIVIDADES SEMANAIS 1-5 XUÑO -5º CURSO

Bo dia

Como vedes imos entrar na recta final, así que vou deixarvos únicamente  traballo de Plástica para evaluar nesta última avaliación. Aquí vos deixo un enlace a un video de You Tube. Tedes que velo con calma e elexir un dos debuxos que propoñen para facer vós. Teredes que enviarmo o venres.

Esta semana deberedes entregar os libros no colexio. O horario establecido para 5º é o mércores de 10.30 ás 11.30. Se alguén tivese problemas, que mo comunique e vemos de arranxar doutro xeito.

Recordade coma sempre visitar os Blogs dos especialistas e a páxina principal donde xa están publicados todos os gañadores dos videocontos (algún da nosa clase)

 

Mar

Tarefas para a semana .6º (1/06/2020)

Ola rapaces!

Xa estamos en xuño e pronto serán as vacacións, pero antes debedes realizar un último esforzo. A pesar das dificultades que sei que tivéchedes por diferentes circunstancias, considero que as tarefas que vos pedimos, foron bastante proporcionais á situación e inferiores ás que realizariades nunhas clases presenciais. Por iso, ánimo! Xa falta pouco, e do esforzo e o traballo ben realizado, sempre se sacan beneficios.

Déixovos nos arquivos adxuntos unha serie de fichas de diferentes materias, podedes imprimilas ou facer as actividades na libreta, como vós prefirades. Empezade facendo primeiro as de Lingua Castelá, pois son as que vos pido que me enviedes esta semana.

Tamén tedes dous enlaces: un de Castelán e outro de Galego. Antes de velos, lede a información que vos deixo sobre as actividades.

Lingua Castelá

Lingua Galega

Non vos esquezades de visitar os blogs dos especialistas.

SOLUCIÓNS AS ACTIVIDADES SEMANAIS 25 A 29 DE MAIO. 5º PRIMARIA

Bo dia

Déixovos esta semana 3 adxuntos coas solucións. A primeira do traballo de Matemáticas e de Castelán. Os outros dous corresponden ás fichas que vos puxen de Naturais e Sociais.
 
Non esquezades visitar a páxina principal onde xa están colgados os primeiros gañadores da actividade de videocontos.
 
A próxima semana haberá que devolver os libros que tedes na casa, así que podedes revisalos para entregar como facemos ao final de trimestre. Xa vos mandarei un aviso co día e a hora.

 

Mar

Solucionario ás actividades de 6º do 25 de maio

Ola rapaces!

Déixovos no arquivo adxunto as solucións ás actividades desta semana. Os que se preocupen de corrixilas, seguramente se vexan favorecidos a semana vindeira.

Unha aperta

Manolo (titor)

Actividades da semana do 25 de maio para 5º e 6º

Boas rapaces e rapazas!

Esta semana imos traballar un pouco a comprensión lectora en Lingua galega para iso tendes un libro interactivo cunha serie de textos breves e xogos. Premede na ligazón para acceder a el:

http://www.chiscos.net/xestor/chs/limfleming/lim_de_comprensio_n_lectora/lim_de_comprensio_n_lectora.html

 

Tamén tendes un pequeno ditado para facer de Lingua. Primeiro tendes que darlle ao son para escoitar a frase e logo ir escribindo ata completar o ditado. (Ao mellor non vos vai ben o son ao principio pero volvede a cargar a páxina e xa se amaña). Esta é a ligazón:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5413614-un_paseo.html

Mandádeme unha fotografía ou captura coa corrección final a: marinas@edu.xunta.gal

Unha aperta,

 

Mariña

Distribuir contido


by Dr. Radut