Skip to Content

blogue deotilia

TAREFAS 3º CURSO SEMANA 27-30 ABRIL

Bo día nen@s!!

Nos arquivos adxuntos déixovos as tarefas para esta semana. 

Lembrade visitar os blogs das diferentes especialidades para ver as tarefas que vos deixaron os especialistas esta semana. Ademáis,pasade polo blog da biblioteca... agárdavos unha sorpresa, seguro que vos gustará!!

Non esquezades que é a semana dos maios e tedes unha actividade proposta na páxina principal.

Unha aperta da vosa profe Otilia!

TAREFAS PARA 3º CURSO (SEMANA 20-24 ABRIL)

 

Bo día nen@s!

 

Esta semana celébrase o  “Día do Libro” polo que a adicaremos á lectura, podedes entrar no blog da biblioteca (abibliotecademouchan.blogspot.com) onde atoparedes diferentes recursos para traballar a lectura esta semana.

 Co solucionario que vos mandei, revisade as tarefas e autocorrexide os erros na vosa libreta para non volver cometelos.Adxunto documento das solucións que faltaban.

Visitade os blogs das diferentes especialidades, incluida Relixión, para ver as tarefas que vos deixaron para esta semana. Para que vos sexa máis cómodo e non vos liedes co dos outros cursos, facede clic en etiquetas onde pon "3º PRIMARIA" e xa vos sae todo o voso.

Calquera dúbida, suxerencia ou problema para facer un seguimento do proceso de aprendizaxe deberedes comunicarmo  por correo electrónico .

Un bico da profe Otilia

SOLUCIÓNS TAREFAS 3º SEMANA 14 ABRIL

 

Ola nen@!

No arquivo adxunto mando as solución das actividades da semana, comprobade as vosas respostas. Revisade tamén os blogs dos especialistas.

Por outra banda, o Equipo de Biblioteca por mor do “Día do Libro” propón para todos aqueles que queirades unha actividade: consiste en que fagades unha foto co libro que estedes lendo ou ben dalgún que vos guste especialmente e logo reenviala ó correo notificado por AbalarMóbil no prazo indicado. Logo realizaremos unha montaxe con todas aquelas fotos ou vídeos recibidos.

Un bico da vosa profe Otilia

Tarefas 3º curso semana do 14 de Abril

Bo día nen@s!!

Xa remataron as vacacións, e só quedan os contidos do 3º trimestre para pasar a 4º, polo tanto moito ánimo!!

As vosas familias xa teñen no AbalarMóbil as indicacións a seguir para facer as tarefas que vos deixo aquí. Non esquecerse coma sempre da lectura diaria.

Disfrutade da familia e aproveitade para facer actividades xuntos, todo aquelo que vos propoñades e queirades, este é o momento!!

Un bico e unha aperta grande da vosa titora Otilia!

SEMANA SANTA 3º CURSO

Que tal nen@s!!

Esta semana estamos de vacacións polo tanto descansamos sen esquecernos da lectura. Para aqueles que queirades, xa sabedes que seguen activos xogos e actividades educativas nos diferentes blogs (blog da biblioteca, inglés, música, educación física, orientación...)

Disfrutade das vacacións e collede forzas para retomar o 3º trimestre con ilusión!

Un bico da vosa titora!!

TAREFAS PARA 3º CURSO

Bo día nen@s!! 

Como sabedes temos que seguir quedando na casa pero non estamos de vacacións, hai que seguir traballando. Como sodes moi traballadores seguro que tod@s rematáchedes as tarefas propostas previamente que vos indiquei a vós a ás vosas familias para esta primeira quincena.

Xa rematamos o 2º trimestre polo tanto esta semana tan só queda o repaso. Adxunto unhas fichas para que vaiades realizando para repaso das linguas.

Ademais indícovos uns enlaces donde podedes atopar diversas fichas e actividades de diferentes asignaturas para ir facendo ó longo destas semanas de confinamento.

Non esquezades coma sempre, adicar algunha parte do día para a lectura e logo facer un pequeno resumo da mesma.

Como sei que vos gusta moito a tele, podedes ver en CLAN de 10:00 a 11:00 horas unhas clases moi interesantes.

 

GRAMÁTICA: https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/gramatica/gra-tercero

 

VOCABULARIO: https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/vocabulario/voc-tercero

 

 

ORTOGRAFIA: https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/ortografia/ort-tercero

 

COMPRENSIÓN LECTORA: https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-comprensivas

 

FICHAS CIENCIAS NATURAIS: https://www.mundoprimaria.com/fichas-para-imprimir/ejercicios-ciencias-naturales/actividades-3

 

 

FICHAS CIENCIAS SOCIAIS: https://www.mundoprimaria.com/fichas-para-imprimir/ejercicios-ciencias-sociales

 

Un bico e unha aperta moi grande para tod@s!!

Distribuir contido


by Dr. Radut