Skip to Content

Avisos

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO CURSO 2023 - 2024

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO CURSO 2023 - 2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

 
 
 
 
 
 

2º PERIODO DE LEITE E FROITA NA ESCOLA

FOMENTANDO HÁBITOS SALUDABLES

Novamente entre os centros admitidos!!!

En breve comenzaremos co reparto!!!

Porque no CEIP da Laxe apostamos polo fomento dos hábitos saudables na escola!!!!

ZONIFICACIÓN MARÍN

Este mes de xaneiro de 2023, asinouse a resolución pola que se aproba a Zonificación do Concello de Marín a aplicar no vindeiro proceso de admisión 2023-2024 e sucesivos (ver arquivo adxunto)

Quedando do seguinte xeito:

EEI O Grupo adscrito ao CEIP Sequelo-Marín

CEIP Ardán adscrito ao IES Chan do Monte

CEIP Plurilingüe Carballal adscrito ao IES Mestre Landín

CEIP Plurilingüe Laxe adscrito ao IES Illa de Tambo

CEIP Seixo adscrito ao IES Chan do Monte

CEIP Sequelo-Marín adscrito ao IES Illa de Tambo

IES Mestre Landín adscrito no bacharelato ao IES Illa de Tambo

CPR Plurlingüe La Inmaculada adscrito no bacharelato ao IES Illa de Tambo

CPR Plurilingüe San Narciso adscrito no bacharelato ao IES Chan do Monte

ELECCIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro martes día 25 de outubro ás 15:50 horas nas Secretaría do Centro.

REPARTO DE LEITE E FROITA NA ESCOLA

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Anexo I

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

RECREOS RESIDUOS 0

O CEIP da Laxe comeza unha nova aventura e vos invitamos a participar connosco no programa  «RECREOS RESIDUOS CERO« que consiste en motivar ao alumnado para que nos seus almorzos e merendas non haxa residuo ou o mínimo posible. Para iso deberán usar envases retornables como fiambreiras para sólidos e cantimploras para a agua a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun solo uso como plásticos, papel de aluminio, etc.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut