Skip to Content

EDIXGAL - INFORMACIÓN FAMILIAS

CONTRATACIÓN SERVIZO COMEDOR

Achegamos a carta informativa para a renovación ou a nova contratación do servizo do comedor para o novo curso escolar 22-23.

Nela teñen toda a información para poder realizar as xestións que necesiten.

Lembrámoslles que o servizo de contratación para o mes de setembro mantense aberto ata o venres 2 de setembro.

Os demais meses tal e como vén indicado na información da carta para contratación dos servizos fixos ou modificacións deberán ser comunicadas ata o día 25 de cada mes.

 

 

PLAN DIXITAL

Compartimos coa comunidade educativa, o Plan Dixital elaborado durante o curso 2021 - 2022 para a súa aplicación o curso próximo.

PROXECTO EDUKASANO

Ao longo deste curso, todo o alumnado do centro participou do proxecto Edukasano promovido pola Universidade de Vigo e o Concello de Marín.

O tema central do proxecto foi a promoción de hábitos saudables entre os alumnos e alumnas co deseño dunha serie de programas centrados na alimentaación e na actividade física.

O proxecto Edukasano ten como obxectivo avaliar a efectividade dunha intervención comunitaria a través dunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS) que contribúa a mellorar os hábitos de vida relacionados coas prácticas de actividade física e unha dieta equilibrada. 

O eixo temático das UDIS traballadas foi o Camiño de Santiago - "Creando camiño dende o meu cole" e compartimos con toda a comunidade o resultado final obtido.

 

 

PINTURAS SOBRE BOTELLAS DE PLÁSTICO

Na clase de Arts/Plástica, coa colaboración da auxiliar de conversa, o alumnado de 6° curso elixiu e imitou  unha pintura coñecida sobre unha botella de plástico. 

Cómo quedarán?

Recoñecédelas?

 

AXUDAS FONDOLIBROS CURSO 2022 - 2023

Publicouse no DOG do 18 de maio de 2022, a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 

As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE:

-          ANEXO I

-          ANEXO II

-          COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU CERTIFICADO OU VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOA SOCIAIS ACREDITANDO O NÚMERO DE MEMBROS COMPUTABLES)

-          EN CASO DE SEPARACIÓN, A SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR.
AQUELAS SITUACIÓNS QUE SE DEBAN ACREDITAR:

-          CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE DO/A ALUMNO/A OU DE CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA.

-          DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DA SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

-          RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POSTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA.

 

-          RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA.

 

 

O alumnado de 6ºEP que teña praza asignada noutro centro, deberá presentar a documentación nese centro.

 

Publicación da listaxe provisional: 23 de xuño de 2022.

Reclamación ás listaxes provisionais: 27-28de xuño de 2022.

Publicación da listaxe definitiva: 29 de xuño de 2020.

 

A entrega de vales será do 30 de xuño ao 5 de xullo

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN CURSO 2022 - 2023

ADMISIÓN 2023 - 2024

 

 

 

 

 NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTODE ADMISIÓN

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN   

 

DO 1 DE MARZO AO 21 DE MARZO DE 2023

-       

Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

-       

Na secretaría do centro: ANEXO II

-       

Na aplicación: admisiónalumnado

 

 

NOTA INFORMATIVA

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO

10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, en caso de que fora necesario baremar.

  

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

Antes do 25 de abril de 2023 (no taboleiro interior do centro ou a través da aplicación

admisiónalumnado).

  

PRAZOS DE RECLAMACIÓN

Poderase formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.


PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

Antes do 15 de maio de 2023.

 

 PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA NO CENTRO EDUCATIVO CORRESPONDENTE

Do 20 de xuño ao 30 de xuño de 2023.

 

 CENTRO DE ADSCRICIÓN

IES ILLA DE TAMBO

  

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

A área de influencia do CEIPP da Laxe é:

Perímetro: Rúa Méndez Núñez, Rúa Concepción Arenal, Rúa República Argentina, Travesía República Argentina (rúa nova), Rúa Inferniño, Canellón Inferniño (canellón que vai por detrás do CEIP Plurilingüe da Laxe), Rúa República Argentina, Lugar de A Laxe, Rúa Arealonga (na súa bifurcación da zona alta), Rúa Arealonga, Rúa Pitanxo, Rúa José Trasande, Avda. Ourense, Rúa da Estrada (ata intersección con Rúa Méndez Núñez) Este perímetro inclúe ámbalas beirarrúas. Dentro deste perímetro atópanse, entre outras, a Rúa Inferniño dende a Rúa Cementerio Vello ata Camiño Cortiña e Camiño Cortiña. A maiores a zona de influencia abarca os seguintes tramos en ámbalas beirarrúas: 1) Canellón Matos “A” 2) Canellón Matos “B” 3) Canellón Matos “C” 4) Canellón Matos “D” Ademais, a área de influencia inclúe os lugares seguintes: Parroquia Lugar Marín (San Xián) Laxe, A.

Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia dos seguintes centros: - EEI O Grupo - CEIP de Sequelo-Marín - CEIP Plurilingüe do Carballal

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

COMEDOR E PLAN MADRUGA (xestionado polaANPA)

VACANTES CURSO 2022 - 2023

REPARTO DE LEITE E FROITA NA ESCOLA

Distribuir contido


by Dr. Radut