Nadal 2020
Video de Nadal 2020- IES "O Couto" e CEIP "O Couto"
Enviado por admin o 21 Decembro, 2020 - 20:07Video de Nadal 2020- IES "O Couto" e CEIP "O Couto"
Gracias a Olalla, mestra de música do IES "O Couto", fixemos unha colaboración co fin de elaborar unha felicitación conxunta para este Nadal.
Nesta ocasión particparon os nenos e nenas de E.infantil e de 6º de Primaria, os mais pequeniños e os mais maiores.
Estamos seguros que é unha porta para futuras colaboracións, do que estamos moi orgullosos, de xuntarnos en proxectos comúns.
Podedes ver o resultado aquí:
Bo Nadal!
Enviado por patrilopez o 18 Decembro, 2020 - 14:43
Por fin, podedes ver o resultado dun traballiño que nenas e nenos, mestras e mestres, preparamos con
moita ilusión.
Ilusión por levarlles, nestas datas, un pouquiño de alegría a esas persoas que nos queren sen esperar
nada a cambio, AS NOSAS AVOAS E OS NOSOS AVÓS.
Queremos que saibades que estades no noso pensamento e que, en palabras dunha das nosas alumnas:
"Tranquilos, isto vai pasar e nos poderemos abrazar outra vez".
(Non vos esquezades, cando abrades o vídeo, de cambiar a resolución
en axustes e poñelo en HD para velo con mellor calidade)