Fondo Solidario de Libros e Axudas para Material 2023-24

Ábrese o prazo desde o 20 de maio ao 21 de xuño para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros e nas Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

As axudas para material escolar son para os cursos 1º a 6º de Primaria.

As axudas para compra de libros son para os cursos de 1º e 2º de Primaria.

A solicitude de préstamo de libros é para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º. 

Consulta completa no DOG de 19 de maio de 2023

Pódese participar desde www.edu.xunta.gal/fondolibros, na sede electrónica ou ben cubrindo e entregando a solicitude nas oficinas administrativas en Rampa de Sas (horario de 9 h. a 14 h.) 

Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2023-24

Anunciamos a publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o Curso 2023/2024.

Non hai modificacións respecto ás listaxes provisionais. 

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar nos taboleiros interiores do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono ( 988 - 78 30 60 )

Tamén é posible na propia aplicación da Consellería:

Admisión Alumnado

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude. 

Listaxe provisional de admitidos para o curso 2023-24

Anunciamos a publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos no noso centro para o Curso 2023/2024.

Diante desta resolución cabe reclamación, tal como indica Orde de 21 de outubro de 2022, no seu artigo 35 ("...poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar, no caso de centros públicos, e ante a titularidade, no caso de centros privados concertados").

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar nos taboleiros interiores do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono (988 - 783060 ) indicando o DNI dalgún dos proxenitores e o número que aparece na fotocopia da instancia no rexistro de entrada. 

Tamén é posible consultar as listaxes na propia aplicación da Consellería:

https://edu.xunta.es/admisionalumnado/

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude.

CENTRO DE REFERENCIA DIGICRAFT

Hai uns anos que os nosos profesores, Jorge e Miguel, puxeron en marcha nas súas aulas un programa educativo chamado Digicraft que ten como obxectivo formar a nenas e nenos nas competencias dixitais. Grazas a isto somos Centro de Referencia Digicraft.

Cada ano vanse sumando novos mestres a esta iniciativa e esperamos que aos poucos chegue a máis alumnado.

Onte viñeron ao cole para entrevistarnos e coñecer a nosa valoración acerca das actividades que realizamos e en xeral, foi moi positiva.

Grazas Ana pola túa visita!

Admisión Alumnado 2023-24

Finalizado o prazo ordinario de admisión e revisadas as solicitudes presentadas no noso centro, informamos que,

todas as solicitudes obtiveron asignación de praza no curso correspondente, excepto as presentadas para 6º de Educación Primaria xa que non existen vacantes nestes momentos. Non é necesario baremar en ningún curso.

Nos casos de solicitudes dos cursos de Infantil, 1º de Primaria e 2º de Primaria podedes chamar ao centro (988 78 30 60) para confirmar se a asignación foi no edificio Greco ou no edificio de Rampa de Sas. 

Importante! Todos os admitidos deberán formalizar a matrícula no período do 20 ao 30 de xuño de 2023

Excursión 6º de Primaria 2023

Os alumnos e alumnas de 6º marchamos de excursión na vindeira primavera. Queremos agradecer a colaboración de todos que mercachedes as nosas rifas. 

Lembrade!

O sorteo será o 16 de decembro de 2023

O agraciado/a deberá presentar a rifa premiada nunha oficina de Halcón Viajes

Poderá disfrutar do premio en calquera data (temporada baixa) do ano 2024. 

Información para alumnado de 6º Primaria

O I.E.S. "O Couto" informa de que todo o alumnado do CEIP "O Couto" que solicitou reserva de praza no período indicado para iso, nos meses de xaneiro e febreiro, ten garantida esta praza para o curso 2023-24.

Lémbrase que todo o alumnado que supere a etapa de Educación Primaria ten que facer a matrícula correspondente nos Centros de Educación Secundaria no mes de xuño de 2023.

Aquel alumnado que non reservou praza no IES O Couto, ten que solicitar praza noutro centro entre o 1 de marzo e o 20 de marzo. 

Proceso de admisión de alumnado para curso 2023-24

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática:https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

*VACANTES NO CEIP "O COUTO" CURSO 2023/2024

*Vacantes provisionais en febreiro de 2023

Cursos

Unidades

Postos escolares

Vacantes ofertadas

NEEAE

4º Infantil

2

50

50

6

5º Infantil

2

50

20

0

6º Infantil

2

50

24

0

1º Primaria

2

50

10

6

2º Primaria

2

50

5

0

3º Primaria

2

50

9

0

4º Primaria

2

50

6

0

5º Primaria

2

50

3

0

6º Primaria

2

50

0

0

CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Normativa Básica:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022

 

Prazos:
Do 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

Modos de presentación da solicitude

A solicitude pode presentarse de 3 maneiras

a) Cubrindo o modelo Anexo II - ED550B, que podes descargar ou cubrir no centro en horario de 9h a 14h

b) Entrando na aplicación, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, cubrir a instancia e presentar copia e documentos no centro, en horario de 9h a 14h

c) Entrando na aplicación, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e acceder con Certificado Dixital, Chave365 ou calquera outro medio de acreditación. Neste caso non hai que acudir ao centro, salvo para correxir erros.

Documentación que se debe presentar

Máis información en-> Sede Electrónica - Procedemento ED550B

1- Solicitude - Anexo II e II bis  --> Modelo de solicitude de admisión 

2- Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta) 

3.- Fotocopia do Libro de familia

4.- Certificado de empadronamento para comprobar a unidade familiar.

5- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. 

6- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.

Outras informacións:

O IPREM en 2023 quedou fixado en 20€/día ou ben 600€/mes

Máis info en iprem.com.es

DESEMPATE :

En caso de empate nunha baremación terase en conta a seguinte resolución do 23 de febreiro de 2023:

Resolución

Criterio complementario:

1 punto por ter algún irmán no CEIP O Couto. (Aprobado en Consello Escolar de marzo de 2013). 

Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.

Calendario:

Do 27 de marzo ao 6 de abril de 2023, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):

O 24 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.

As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta).

Antes do 25 de abril de 2023:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido (as persoas interesadas no procedemento poderán consultar na secretaría do centro as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).

A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional

Antes do 16 de maio de 2023:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido .

Contra a resolución definitiva poderase interpór recurso de alzada ante o/a Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Importante:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado, matriculado noutro centro no curso 2022-23, e que presente solicitude de admisión neste CEIP O Couto, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.

Área de influencia do centro:

Comprende a Estrada Madrid-Vigo dende o río Miño ata a altura da rúa da Menta, rúa da Menta, rúa das Meigas, camino do Lobishome, avda. de Portugal ata confluencia coa rúa Irmáns Xesta, rúa Irmáns Xesta, marxe esquerda do río Barbaña dende a rúa irmáns Xesta ata avenida de Prdo de Cela, avda. de Pardo de Cela ata a Ponte , avda. da Ribeira Sacra dende avda. Pardo de Cela ata confluencia coa estrada Madrid-Vigo. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP Vista Hermosa, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP As Mercedes, CEIP Curros Enríquez e CEIP A Ponte.

Servizos complementarios ofertados

Comedor e acollida temperá diarios ofertados e xestionados pola ANPA (anpacouto@yahoo.es

 

Unha vez confirmada a admisión no noso centro,

o prazo de MATRÍCULA será:

do 20 de xuño ao 30 de xuño de 2023

 

Xornada de portas abertas - 15 de febreiro

O vindeiro mércores 15 de febreiro teremos a Xornada de Portas Abertas no noso centro. Convidámosvos a que coñezades a nosa oferta, as nosas instalacións, a nosa metodoloxía...

No edificio de Rampa de Sas ás 17 horas

Felices Festas!

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

  

Pais/Nais

  Bibliotecas escolares de Galicia

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930