Campamento de Verán - AVISO
Enviado por admin o 14 Xullo, 2021 - 14:43Debido a imprevistos nas obras que se van levar a cabo no edificio de Rampa de Sas,
o Campamento de Verán 2021 que organiza o Concello de Ourense durante o mes de agosto, levarase a cabo no edificio da rúa Greco.
Desculpen as molestias.
Calendario Escolar
Enviado por admin o 13 Xullo, 2021 - 17:44O curso 2021-22 dará comezo o xoves 9 de setembro.
Tedes todas as datas e lexislación no seguinte enlace -> Calendario Escolar
Listaxes definitivas para axuda Fondo de Libros Curso 2021-22
Enviado por admin o 13 Xullo, 2021 - 16:35Xa se poden consultar as adxudicacións DEFINITIVAS para axudas do Fondo de Libros 2021-22
As listas están expostas nos taboleiros do Centro e pódense consultar tamén por teléfono (988- 783060) ata o 23 de xullo inclusive. (Horario de 10 horas a 13 horas)
Lembramos que o Colexio permanecerá pechado do 24 de xullo ao 31 de agosto.
Lista de libros de Texto - Curso 2021-22
Enviado por admin o 12 Xullo, 2021 - 11:02Listaxes provisionais de admitidos para axuda Fondo de Libros Curso 2021-22
Enviado por admin o 8 Xullo, 2021 - 01:02Publicadas as listaxes PROVISIONAIS para axudas do Fondo de Libros para o curso 2021-2022
Pódense consultar nos taboleiros do noso Centro ou chamando ao 988 - 783060
Alumnado 6º - Recollida Historial
Enviado por admin o 2 Xullo, 2021 - 00:30O alumnado de Sexto de Primaria pode recoller nas oficinas o Historial Académico de Educación Primaria.
Horario de oficina: De 10 horas a 13 horas. Abrimos do 1 ao 23 de xullo (inclusive)
O Noso Camiño
Enviado por admin o 21 Xuño, 2021 - 01:03Chegou o fin do curso escolar e con el, o fin dun camiño que percorremos xuntos...
Foron meses de traballo, esforzo e dedicación, meses especiais e diferentes. Despois de tanto tempo conseguimos chegar á nosa meta, todo esforzo ten a súa recompensa.
Velaquí un vídeo que amosa un pouquiño da nosa andaina. Desexamos que sempre camiñedes sen importar as pedras que poda ter o camiño.
Bo camiño!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »