Listaxe definitiva de axuda Fondo de Libros 2022-23

Rematado o período de reclamacións, publicamos a Listaxe DEFINITIVA das axudas do Fondo de Libros e de Material Escolar para o curso 2022-23.

Pódese consultar en Sede Electrónica (se fixechedes a solicitude por esta vía), nos taboleiros interiores do colexio e vía telefónica no noso teléfono (988-783060) - Horario de 10h a 13h - 

Os vales de axudas pódense recoller ata o 22 de xullo (inclusive) ou ben na primeira semana de setembro. Os vales non caducan ata abril de 2023. 

Os libros de préstamo serán entregados polos titores de cada curso nos primeiros días de setembro. 

Lembramos que o colexio permanecerá pechado do 26 de xullo ao 31 de agosto (inclusive). 

Listaxes provisionais de axudas de Fondo de Libros Curso 2022-23

Publicadas as listaxes PROVISIONAIS para axudas do Fondo de Libros para o curso 2022-2023

Pódense consultar nos taboleiros interiores do noso Centro ou chamando ao 988 - 783060

Para a consulta telefónica será preciso algún dato identificativo, como o DNI dalgún proxenitor. 

Ábrese un período de reclamacións, que se pode presentar nas oficinas administrativas de Rampa de Sas en horario de 10h a 13h.

En breve publicaremos a listaxe definitiva. As datas para recoller os vales para libros e material son do 8 ao 22 de xullo inclusive. 

Os vales que non se recollan neste período e os libros de préstamo serán entregados na primeira semana de setembro

Alumnado 6º - Recollida de documentación

O alumnado de Sexto de Primaria, que promociona a ESO, pode recoller nas oficinas o Historial Académico de Educación Primaria e as Credenciais da Sección Bilingüe.  

Horario de oficina: De 10 horas a 13 horas. Abrimos do 1 ao 22 de xullo (inclusive) 

Matrícula - Do 20 a 30 de xuño de 2022

Está aberto o prazo de matrícula para alumnado xa admitido no proceso de admisión do pasado mes de marzo.

O prazo vai do 20 ao 30 de xuño, ambos inclusive.

E a documentación tense que presentar nas oficinas administrativas do colexio en Rampa de Sas s/n, en horario de 9h a 14h (días laborables). 

Podes descargala para imprimir aquí:

Documentación de matrícula

Anexo III - 1 

A Consellería publica unha actualización do protocolo COVID - versión 20/05/2022

A Consellería publica o 20 de maio de 2022 a última actualización do Protocolo Covid en Centros de Ensino Non Universitario

Podedes descargalo e/ou consultalo aquí: PROTOCOLO 20/05/2022

Fondo Solidario de Libros e Axudas para Material Escolar 2022-23

Ábrese o prazo desde o 19 de maio ao 22 de xuño para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros e nas Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-23

Aquí tedes un resumo da información máis importante. 

Consulta completa no DOG de 18 de maio de 2022

Pódese participar desde www.edu.xunta.gal/fondolibros

Listaxes Provisionais de Admitidos para o Curso 2022/2023

Anunciamos a publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos no noso centro para o Curso 2022/2023.

TODAS as solicitudes presentadas dentro do Prazo de Admisión (1 a 21 de marzo) teñen asignada praza.

As solicitudes presentadas fora de prazo recibirán comunicación directa desde os responsables de Escolarización e non aparecen nas listaxes provisionais, pero non deberían ter problema en asignación de praza xa que dispoñemos de vacantes. 

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar nos taboleiros interiores do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono (988 - 783060 ) indicando o DNI dalgún dos proxenitores e o número que aparece na fotocopia da instancia no rexistro de entrada. 

Tamén é posible na propia aplicación da Consellería:

https://edu.xunta.es/admisionalumnado/

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude. 

A listaxe DEFINITIVA sairá publicada o 13 de maio. 

O CONCELLO DE OURENSE CONVOCA AXUDAS PARA LIBROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E COMEDORES ESCOLARES - CURSO 2022-2023

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense informa que no BOP do día 16 de abril de 2022 saíu publicada a convocatoria para a petición de axudas de libros de educación infantil el comedores escolares para o curso 2022-23.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 18 de abril ao 6 de maio, ambos os dous incluídos.

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención Cidadá (Praza San Martiño 2- baixo), nas oficinas municipais da Rúa Bispo Carrascosa 8 e en todas as UNIS de Benestar Social.

Toda a información destas axudas pódese consultar na páxina web do Concello de Ourense (www.ourense.gal), no apartado Áreas->Asuntos Sociais. 

Aí están as bases reguladoras e os Anexos (imprescindible encher e asinar os Anexos I, II e III

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite o 20 de abril de 2022 un comunicado coas directrices sobre o uso de máscaras no ámbito educativo.

O resumo quedaría así:

OBRIGATORIO

• Transporte escolar (salvo excepcións)

RECOMENDADO PERO NON OBRIGATORIO

• Persoal traballador do centro educativo.

• Alumnado do centro educativo.

• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia. (◦ Persoas traballadoras. ◦ Visitas cando estean en zonas compartidas.)

• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

Podes consultar o documento completo no seguinte enlace:

Directrices sobre uso de máscaras

Comunicado da Consellería de Educación sobre o uso de máscaras nos patios

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930