Criterios agrupamento 5º Ed.Primaria

Criterios Agrupamento e Redistribución 5º Ed.Primaria

CRITERIOS DE REDISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Reunido o claustro de profesorado do CEIP  O Couto, e reunida a Comisión de Coordinación Pedagóxica do centro, confórmase un diálogo para establecer unha nova redistribución do alumnado no curso de 5º de Educación Primaria.

O obxectivo principal é facilitar ao alumnado unha mellor experiencia de aprendizaxe e unha mellor interacción co seu entorno, neste caso, escolar.

Os criterios fundaméntanse en principios pedagóxicos e educativos que se reflexan a continuación e que teñen como finalidade principal favorecer o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado, así como garantir a mellor calidade tanto no aspecto escolar como persoal.

Estes criterios foron presentados no Consello Escolar en reunión levada a cabo o día 29 de xuño do 2022, contando co informe favorable do mesmo.

XUSTIFICACION:

1.- MINIMÍZASE A ASIGNACIÓN DE DIFERENTES ROLES NO GRUPO- CLASE

No seo interno do grupo-clase e nas dinámicas que emerxen día a día dentro do grupo, aparecen en moitas ocasións asignados “roles” que se fan permanentes e que hai que revisar, para evitar “etiquetas” non desexadas e evitar que os comportamentos do alumnado tendan a satisfacer a definición destas etiquetas.

2.- EVÍTANSE ETIQUETAS NEGATIVAS DAS AULAS

O igual que ocorre dentro do seo do grupo-clase, algunhas aulas, erróneamente, poden sufrir etiquetas que se manteñen no tempo e que impiden unha visión diferente por parte de moitos membros da comunidade educativa respecto ás súas dinámicas, feito que desfavorece a propia evolución do grupo, que involuntariamente sofre esas etiquetas ao longo dos cursos. A redistribución do alumnado, rompería esas dinámicas.

3.- FAVORÉCESE A UNIDADE

Moitos conflictos nos recreos, en encontros deportivos e outros problemas de comportamento nas aulas, poden estar asociados a unha rivalidade entre grupos, (rivalidade que en ocasións obsérvase incluso nas propias familias, repercutindo negativamente no alumnado e no propio centro). Ao formarse un grupo novo cada dous anos, evítanse rivalidades e promóvese unha maior convivencia.

4.-FAVORÉCESE A INTERACCIÓN SOCIAL Ao cambiar de grupo, nenos e nenas, establecen novas relacións ampliando a súa rede de amizade así como o coñecemento dos outros compañeiros que aínda que non eran compañeiros de aula, si son compañeiros/ de colexio.

 

En ocasións observamos que moitos alumnos non teñen coñecemento dos demais compañeiros do seu mesmo nivel. sta redistribución facilitaría este coñecemento, ampliaría as interaccións entre eles e unha mellora na convivencia do centro.

 

5.-COMPÉNSANSE OS NIVEIS Ao longo dos anos, pode ocurrir por diversas circunstancias, que se produza unha descompensación entre o alumnado de diferentes : a nivel curricular, a nivel de adaptación, a nivel de actitudes nas aulas…

 

Ao redistribuílos, os niveis compensaríanse e a atención á diversidade faríase dun xeito máis xusto e eficaz.

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031