Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Fase Final dos 21 días co galego e máis

Algúns dos traballiños que fixemos para a fase final dos 21 días co galego e máis xa están publicados na súa canle de YouTube. 

A continuación deixamos os enlaces para que poidades desfrutar deles, non volos perdades! Son moi divertidos e educativos.

Agradecer tamén ás familias do noso alumnado que colaboraron neste proxecto.

E xa que hoxe é 23 de abril...

 

DígochoEu

 

 

 

 

 

 

Pílulas

 

 

 

 

 

2 DE ABRIL

Neste día, o Día Mundial de Concienciación Sobre o Autismo, queremos lembrar que o autismo NON É UNHA ENFERMIDADE, as persoas que viven con el teñen unha maneira diferente de interpretar as palabras, as cores, as formas e os sons do mundo que nos rodea.

A cinta conformada por pezas dun crebacabezas fai alusión á complexidade que representa o autismo, e cada unha das pezas dunha cor diferente alude á diversidade, CADA PERSOA CON AUTISMO É ÚNICA.

 

A continuación podedes ver o precioso vídeo realizado polo alumnado de 2ºA para conmemorar este día.

 

Rosalía de Castro

 

Ollade que traballiños máis bonitiños fixo a nosa rapazada nas aulas de Rosalía de Castro!

 

 

ROSALÍA DE CASTRO

O venres 23 foi o día da nosa querida Rosalía de Castro, por iso como cada ano, facemos traballiños moi chulos nas nosas aulas, como este que fixo a rapazada do edificio do Greco ao que lle poñen voz Roi e Xián de 5ºB.

E a continuación, un rap xenial dos alumnos de 6ºB, ao que teredes que estar moi atent@s, xa que logo tocaravos rapear a vos!

 

 

 

 

21 DÍAS CO GALEGO NA TELEMIÑO

Seguimos con cousiñas dos 21 días co galego e máis, aquí deixámosvos a ligazón ao programa que nos dedicou Telemiño e aproveitamos para lembrar o xenial traballo da nosa rapazada nas aulas!

 

TRABALLO DO 1º CICLO

 

TRABALLO DO 2º CICLO

 

TRABALLO DO 3º CICLO

 

CLAUSURA 21 DÍAS CO GALEGO

AGRADECER A ELISAUL CORTÉS, FOTÓGRAFO PROFESIONAL E

PAPÁ DE ANDREA E MARCEL POR ESTE VÍDEO TAN FERMOSO 

QUE NOS FIXO PARA A CLAUSURA NO EDIFICIO DE SAS.

E TAMÉN A ARTUR PUGA POR COMPARTIR CON NÓS ESTA 

EXPERIENCIA.

REMATAN OS RECREOS EN GALEGO PERO NÓS SEGUIMOS...

 

 

INFANTIL NOS 21 DÍAS CO GALEGO

NON VEXADES O BEN QUE O PASOU ESTA RAPAZADA FACENDO 

O SEU VÍDEO PARA OS 21 DÍAS CO GALEGO!! 

RAPAZADA MARABILLOSA!!

 

SEGUIMOS COS 21 DÍAS CO GALEGO

OLLADE CON ESTES VÍDEOS COMO SEGUIRON OS NOSOS 21

DÍAS CO GALEGO E MÁIS, FOI XENIAL!

 

 

 

 

21 días co galego e máis

QUE? VAI UN REPASIÑO DESTA PRIMEIRA METADE DOS RECREOS DO 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS?

PARECE QUE O PASAMOS BEN, PERO QUE MOI BEN...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENLACES PARA SEGUIR O RETO

 

Xa levamos 5 DÍAS  co reto do GALEGO e os nosos vídeos xa circulan polas redes. Que ben nolo estamos pasando!


Lembrarvos que este é un reto non só para facer no cole, senón tamén en FAMILIA. Por iso, durante a fin de semana colgaranse os xogos que gravamos durante o primeiro trimestre PARA XOGAR NA CASA.

 

É o mesmo blog que usamos no cole. Quédavos a continuación o enlace:

 

BLOG DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

E tamén os enlaces ás redes dos 21 días: 

 

FACEBOOK DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

INSTAGRAM DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

TIKTOK DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

X DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031