Abellas na escola

Todo o alumnado do centro puido gozar esta mañá da actividade "Abellas na escola", na que aprenderon moitísimas cousas relacionadas con estes insectos tan importantes para a vida no noso planeta. No blog do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares tedes fotos e vídeos deste obradoiro.

Semana de moita actividade na biblioteca

Como xa saberedes, en novembro vense celebrando o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas, e desde o noso centro queremos amosar que o galego é, cada vez máis, unha lingua de transmisión da ciencia. Ademais, e coincidindo co comezo do mes de decembro, recibimos un ano máis a Juan Manuel Rodríguez García, alcalde de Cerceda, no marco da actividade Bibliotecas Humanas. De todas estas actividades atoparedes detalle no blog da Bibliosilva.

25 de novembro

Desde o CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro non podemos deixar de conmemorar o 25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, con diversas actividades que poderedes seguir no blog do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e no blog da Bibliosilva.

Resposta da empresa "Jardanay" aos escritos remitidos pola ANPA

Achegamos a resposta da empresa Jardanay aos escritos remitidos pola ANPA en relación á calidade dos alimentos servidos.

Festa do Outono

Como cada ano nestas datas, celebramos no colexio a Festa do Outono, que consiste na celebración conxunta do Magosto, o Samaín e o Halloween. Nos blogs do centro atoparedes vídeos-resumo das distintas actividades que levamos a cabo este día:

Festa do Outono

Entrega de Premios do Concurso de Marcapáxinas

Entrega de Premios do Concurso de Debuxos e Banda Deseñada de Samaín

Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, festexamos no noso colexio o Día das Bibliotecas con diversas actividades das que estamos a dar conta no blog da Bibliosilva.

Mascotas no outono

Unha das moitas actividades que se están a levar a cabo estes días no colexio é a elaboración do mural "Mascotas no outono", grazas á colaboración de toda a comunidade educativa. No novo blog do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares podedes gozar xa de todas as vosas fotos.

Powered by Drupal - Design by artinet