Día Internacional da Muller

Nos colexios non podemos deixar de conmemorar o Día Internacional da Muller, pois é fundamental que eduquemos ao alumnado na necesidade de seguir reivindicando con forza a igualdade entre mulleres e homes. No blog do EACE tedes fotos da actividade que realizamos a nivel de centro este 8 de marzo.

Día de Rosalía

Como cada 23 de febreiro, hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro, a nosa escritora galega máis universal. No blog do EDLG tedes un resumo de todas as actividades realizadas no centro para conmemorar este día.

Visita ao Parlamento de Galicia

 

O alumnado de 5º e 6º participou esta mañá nunha saída a Compostela co obxectivo de coñecer de primera man o funcionamento do Parlamento e da Xunta de Galicia. No blog do EACE atoparedes fotos desta visita.

Mandadiños do Entroido

E chegou unha das nosas datas favoritas: o Entroido! Un ano máis, aquí tedes os Mandadiños do Entroido. Non lles perdades ollo!

Día da Paz


Ao longo desta semana, e para conmemorar o Día da Paz, no CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro realizamos diversas actividades nas que colaborou toda a comunidade educativa: lectura do conto de Paula Carballeira Un hermoso huevo blanco, elaboración dun mural, canción Un planeta de paz e recollida de alimentos pola paz. No blog do EACE atoparedes un resumo de todo isto.

Agasallos de Nadal da ANPA

Este Nadal, a ANPA agasallou aos nenos e nenas do colexio con bicis, balóns e xogos de mesa cos que xa están a gozar un montón. No blog da Bibliosilva tedes imaxes destes últimos que, ademais de divertir, axudan ao desenvolvemento da concentración, a memoria, a observación, a elaboración de estratexias... Moitísimas grazas!!!

Nadal na escola

No blog do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares atoparedes anaquiños de todas as actividades que estivemos a realizar no centro para celebrar o Nadal. Queremos enviar o noso agradecemento a aquelas familias que organizaron e participaron nos obradoiros de cociña e de adornos de Nadal pola súa implicación e desexar a toda a comunidade educativa unhas moi felices festas!

A Bibliosilva en continuo movemento

 

No mes de decembro un montón de iniciativas estanse a desenvolver desde a biblioteca do centro: o desafío fantástico no outono, acompañamentos lectores, cadernos viaxeiros que veñen e van, recomendacións lectoras de Nadal... Todo isto irédelo atopando resumido no blog da Bibliosilva.

Powered by Drupal - Design by artinet