Histórico curso 2008-2009


  • O día 21 de maio tivo lugar o SIMULACRO DE EVACUACIÓN ANUAL. Podedes atopar as fotos no enlace de GALERÍAS.


 
O día 15 de maio, ás 9,00 horas, disfrutamos dunha divertida sesión de monicreques, cuxa posta en escena
corriu a cargo da COMPAÑÍA CACHIRULO.
Dito evento foi patrocinado e financiado polo noso Concello.
A continuación, a nosa benquerida Concelleira Isabel Castro, realizou a entrega dos premios
correspondentes ao Concurso das Letras Galegas.
O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS comenzou ás 11,00 horas, e aquí tendes un pequeno vídeo da actuación do alumnado de 1º e 2º de Primaria cuxa posta en escena do "ROCK DA MIÑA RÚA", causó sensación.

Na seguinte foto temos a Carlos Baute e a Marta Sánchez na súa insuperable actuación.
Pero isto é unha pequena mostra, xa que o resto da reportaxe fotográfica podédela atopar e disfrutar
no álbum das Letras Galegas dentro do enlace GALERÍAS.

 


  • Tal como se reflicta na Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o proceso de admisión de novo alumnado, e unha vez transcorrido o prazo regulamentario de posibles reclamacións, o día 24 de abril publicouse o listado definitivo de alumnado admitivo (Artigo 36º). Contra esta publicación, cabe recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes (Artigo 50).




Powered by Drupal - Design by artinet