Instalacións

INSTALACIÓNS

 

O centro conta con dous edificios fisicamente independentes: o edificio do ximnasio e o edificio principal.

O edificio do ximnasio alberga na pranta baixa o ximnasio con duchas e vestiarios que tamén se emprega, nalgunhas ocasións, para actividades puntuais. Na mesma pranta atópase o almacén de material escolar e a sala de reprografía, un servizo con acceso desde o patio exterior para uso do alumnado e a sala de caldeiras con acceso independente. A pranta superior dispón dun almacén deportivo para material de Educación Física e dun almacén de arquivos.

No edificio principal atópase a vivenda do conserxe que ao non ser empregada como tal, habilitouse para ubicar a aula de P.T., un servizo e unha aula de informática. A antiga cociña emprégase como almacén de material escolar e de produtos de limpeza.

A cociña do centro dispón dun almacén-despensa e dunha dependencia na que se ubica unha ducha, un pequeno vestiario e un aseo. O comedor ten unha capacidade para 126 comensais. Os espazos pedagóxico-didácticos e corredores están ubicados na mesma pranta e contan con: vestíbulo, dirección, secretaría, sala de mestres e servizos. Desde o vestíbulo accédese ao corredor principal que atravesa o centro e polo que se accede a cada unha das oito aulas ocupadas por outras tantas unidades en funcionamento: dúas de Educación Infantil e seis de Educación Primaria. Nos lados opostos do corredor atópanse, respectivamente, a aula de música e a biblioteca empregandose, esta última, como: biblioteca central, sala de audiovisuais, aula de inglés e sala de reunións; os servizos de alumnado e profesorado completan o resto das instalacións interiores.

O patio do colexio conta cun campo de futbito e unha pequena cancha de baloncesto. Os accesos ao centro e ao ximnasio están protexidos da chuvia por un patio cuberto cuxa construción, supervisada pola unidade técnica da Consellería, realizouse no curso 2007.

A iluminación, en xeral, e boa debido á orientación do edificio así como a que dispón duns patios interiores adicados a zona axardinada desde os que entra luz natural.

 


 

 

Powered by Drupal - Design by artinet