Visita do Capitán do buque oceanográfico Angeles Álvariño

Hoxe o alumnado de 3º de EP tivo unha visita moi especial. Para o día da Muller deste curso elixiron a unha muller moi relevente no campo da investigación oceanográfica. Foi a primeira científica nun buque de investigación internacional. Unha apaixoada do océano, sen embargo dedicidiu especializarse nos osrganismos máis diminutos que acolle: o plancto.

Hoxe en día o buque que capitanea José Manuel Guerreiro Escourido,  e que leva o nome desta muller, segue surcando as augas en busca de novas mostras que nos axuden a coidar e protexer os nosos mares e océanos.

Foi un día moi emotivo para toda a clase, ensionounos  a interpretar unha carta náutica, a entender o duro do seu oficio traendo un sextante,  un instrumento de medición, que permite determinar a posición dunha embarcación no océano, mediante a observación dos astros e que era o único medio que había antigamente  para poder orientarse na navegación. Ademáis poidemos ver moitas imaxes do seu traballo e dos científicos que os acompañan. Tamén trouxo un diploma precioso para cada neno e un libro adicado para a nosa mestra.

Só queremos agradecerlle a  Jose,  a exposición que nos fixo, tan emotiva e formativa  e a súa tripulación e cientícos, o traballo que desenvolven.

 PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO