A orixe da nosa lingua guapa

A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey, autora dunha morea de historias que levan cativado a varias xeracións de nenas e nenos. Damián Varela foi o director da orquestra a partir do guión asinado por Casalderrey e Fátima R. Ruibal, que é ademais a meiga-mestra que protagoniza esta película xunto ás verdadeiras estrelas: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión.