Saídas didácticas

SAÍDA DE FIN DE CURSO Á GRANXA KIRIKO

Como ven sendo tradición, o alumnado do 3º Ciclo estivo pasando uns días na granxa O Kiriko. Fixeron unha chea de cousas divertidas e veñen moi cansos destas "pequenas vacacións" anticipadas. Para ter unha mostra do que fixeron botádelle un ollo ás fotos...

Ruta Arqueolóxica polo Monte Penide

Os alumnos e alumnas de 5º curso realizaron un roteiro didáctico en MONTE PENIDE, un proxecto promovido polo Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura do Concello de Redondela e mais a Coordinadora ENDL de Redondela. Este proxecto pretende por en valor o patrimonio paisaxístico e cultural redondelán realizando roteiros quiados en Monte Penide, a través de A Citania, Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio.

Foi unha visita moi interesante e entretida, na que compartimos autobús e explicacións co alumnado de 3º Ciclo do Colexio de Porto Cabeiro. Formouse un grupo moi participativo e interesado polo megalitismo en Galicia e pola conservación dun patrimonio que temos o deber de coidar.

 

Saída do 3º Ciclo

Hoxe o alumnado de 5º e 6º fixo unha saída didáctica para realizar dúas actividades moi interesantes.

Vimos unha proxección de cine submarino no Centro Cultural "García Barbón" de Caixanova, sobre a Gran Barreira de Coral de Australia.

Despois visitamos a exposición interactiva de Naturnova, na que tocamos, ulimos, percibimos e fixemos unha visita virtual ao fondo da Ría de Vigo.

Acompañounos o tempo e aproveitamos para dar unha voltiña pola Alameda de Vigo.

Unha mañá moi aproveitada.

Saída d@s alumn@s de 2º ao Museo Verbum e Vila romana de Toralla.

O xoves 2 de febreiro fixemos unha saída escolar xunto cos alumn@s de 2º do colexio Alexandre Bóveda. Visitamos o Museo Verbum que ten cousas moi interesantes que nos chamaron a a tención e nas que puidemos participar e interactuar. Despois participamos nun obradoiro de "sentidos" moi animado.

A continuación merendamos nos arredores da Finca Mirambel en Canido e aproveitamos para percorrer a Vila romana que está ubicada nese espazo. A simpática monitora indicounos o máis salientable da musealización e tivemos oportunidade de ver como vivian os romanos "ricos" que tiñan desde calefacción, baños e piscina de auga quente ata salinas propias... todo un luxo!


 

SAÍDA AO KIRIKO

 

O pasado venres ,os alumn@s do 3ºCiclo desprazámonos ata o centro "KIRIKO", situado en Fornelos de Montes, para participar no programa de educación ambiental: ÁRBORES PARA A VIDA, VIDA PARA ÁS ÁRBORES.

Disfrutamos moito das actividades do programa, xunto aos compañeir@s do CEIP FRIAN-TEIS(VIGO).

 

Representación de títeres: Pinocho y medio.

Esta vez os alumnos e alumnas de Primeiro Ciclo asistimos a un espectáculo de títeres: Pinocho y medio da compañía "El Retablo" Teatro de Títeres. A obra é unha versión libre do coñecido conto de Carlo Collodi que nos gustou moito.

Visitamos as Salinas de Ulló en Vilaboa.

O día 11 de outubro fixemos unha saída ás Salinas de Ulló, que están en Vilaboa. Era una mañá soleada e disfrutamos dunhas horas de relaxo pero tamén de aprendizaxe. Comprobamos en vivo en directo o que xa viramos antes nas aulas e que constitúe a paisaxe de fondo de ría, con marismas, salinas, bosque atlántico, etc.

Unha mañá moi aproveitada!


.

SAÍDAS DO CURSO 2011-2012

As saídas previstas para este curso son as seguintes:

 CURSO 2011-2012
1º trimestre 2º trimestre 3º trimestre
Educación Infantil - Panadería "O Cruceiro
 - Salón do Libro (Pontevedra)

- Títeres en Redondela

- Teatro no Centro Cultural

Novagalicia Banco (Vigo)

- Saída colectiva

 

1º Ciclo Educación Primaria

- Salinas de Ulló e Lago Castiñeiras

 - Espectáculo músico-teatral no Centro Cultural Novagalicia Banco (Vigo)

 

 - Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campolameiro.

-Títeres en Redondela

- Saída colectiva

 

2º Ciclo Educación Primaria

- Teatro en inglés no Centro Cultural Novagalicia Banco (Vigo)

- Muíños do Folón (O Rosal)

 - Seragua e Museo Liste (Vigo)
 

- Títeres en Redondela

- Saída colectiva

3º Ciclo Educación Primaria

 - Parque arqueolóxico de arte rupestre

de Campolameiro.

- Muíños do Folón (O Rosal)

 - Seragua e Museo Liste (Vigo)

 - Teatro en inglés (Vigo)

- Mosteiro de Poio.

- Títeres en Redondela

- Teatro no Centro Cultural

Novagalicia Banco (Vigo)

- Saída colectiva

Algunhas delas están pendentes de confirmación. De xurdir algunha proposta de interese para o alumnado ao longo do curso, será posible a súa inclusión ou substitución por algunha das previstas.

O bosque chama por nós e alá imos.

Celebrando que estamos no Ano Internacional dos Bosques, que traballamos este centro de interese e tamén que nos gusta saír para aprender en vivo e en directo, para achegarnos ata un bosque próximo pero non tan coñecido por nós.

Así que os nenos, nenas e profes do 1º Ciclo, collemos as mochilas e saímos para Moaña, ao entorno do Río da Fraga. Alí descubrimos moitas cousas: árbores, plantas, flores, muíños, pegadas de animais, cágados e, sobre todo, un recanto de paz e paisaxe natural que os nenos e nenas disfrutaron con alegría e bo humor.

Voltamos ao cole cansos pero contentos de ter pasado unha mañá tan aproveitada. Ao mellor voltamos!

 

 

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Nos últimos días do curso realizamos unha saída colectiva de convivencia ata o Monte do Castro e o Parque de Castrelos.

No derradeiro día celebrouse o acto de entrega de orlas e diplomas ao alumnado de sexto de Primaria. Tamén realizouse a exhibición da actividade extraescolar de Patinaxe no patio do colexio. Para finalizar, a ANPA ofreceu un xantar a todo o alumnado do colexio.

Para ver as fotos podes facer clic na imaxe.

No monte do Castro

Powered by Drupal - Design by artinet