GRADUACIÓN INFANTIL 2021 E VÍDEOS DE AGRADECEMENTO

Rematou este curso académico tan especial para todos e todas. Para celebralo, realizamos varias actividades das que poderedes gozar facendo click sobre os enlaces para así visualizar os vídeos.

 

VÍDEO-AGRADECEMENTOS:

· Thank you, Lali!

· Baile para Cristina

· Acutación para Lali e Julián

· Grazas por todo, Carmen

 

GRADUACIÓN INFANTIL 2021:

· Vídeo-Fotos Graduación Infantil 2021

· Graduación Infantil 2021 - Canción Queen

· Acto de Graduación Infantil 2021

 

GRADUACIÓN 6º EP

Vídeo  - Promoción 2012 - 2021

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2021-2022

O xoves 20 de maio publicouse no DOG a orde ( Orde 6 de maio de 2021), onde se regula a participación no fondo solidaro de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E. Primaria, E. Secundaria obrigatoria e E. Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021-2022.

O prazo de presentación é dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño.

 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 2021/2022

Aberto o prazo para a admisión de novo alumnado para o curso 2021/2022.

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 22 de marzo.

AINDA SEI O QUE FIXESTES NAQUEL ENTROIDO

A creación desta curtametraxe, en forma de "trailer  cinematográfico", foi elaborado polo alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria durante o curso 2020-2021 no CEIP O Castiñeiro. 

AÍNDA SEI O QUE FIXESTES NAQUEL ENTROIDO ten unha trama chea de misterio e intriga.

É unha continuación de SEI O QUE FIXESTES O ÚLTIMO ENTROIDO, unha creación previa que este alumnado fixo na súa Etapa de Infantil, no curso 2017-2018, de obrigada visualización para enterarse da trama completa deste novo "trailer".
(Click aquí para ver: SEI O QUE FIXESTES O ÚLTIMO ENTROIDO)

E aquí, a continación da saga, AÍNDA RECORDO O QUE FIXESTES O ÚLTIMO ENTROIDO:

 

 

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2021

Para conmemorar o DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2021, as nenas e nenos do CEIP O CASTIÑEIRO realizaron unha serie de actividades que quedaron plasmadas no seguinte video.

E xa sabedes...A CONTAXIARSE DE AMOR!

 

 

 

 

 

ADAPTACIÓN COVID-19 CEIP O CASTIÑEIRO CURSO 2020-21 (NOVOS HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS, MEDIDAS DE PROTECCIÓN E HIXIENE ETC.)

A continuación publicamos os documentos elaborados no CEIP O CASTIÑEIRO a partir das directrices do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia, das Consellerías de Sanidade e Educación.

Estes documentos poderán ser modificados en calquera momento ó longo do curso.

      • Plan de Continxencia

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Xa están expostas no Taboleiro de anuncios do centro , as LISTAS PROVISIONAIS  co nº de libros que lle corresponde ao alumnado de 3º a 6º de E.P. Tamén recordarvos que os CHEQUES E VALES DE MATERIAL, que ainda non se recolleron, entregaranse a partir o 1 de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN 2020-2021

Todo o alumnado, que presentou solicitude de admisión neste centro, foi ADMITIDO.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Aquí tedes acceso a Orde de 12 de maio de 2020, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial, en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021. ( Código do procedemento ED 330B)

Distribuir contido