REUNIÓN NO IES CASTRO DE BARONCELI FAMILIAS 6º EP

O vindeiro mércores, 18 de xaneiro, a partir das 20 horas, celebrarase no noso centro adscrito, o Instituto de Educación Secundaria Castro de Baronceli, unha reunión informativa coas familias do alumnado de 6º curso dos colexios públicos da comarca.

O   obxectivo   desta   reunión   é   expoñer  as   liñas   fundamentais   do   proxecto  educativo do centro,   amosar   as   instalacións   do   centro,   enumerar   os servizos que se prestan e responder ás dúbidas que  queiran consultar.

A presenza das familias do alumnado   nesta   reunión   contribuirá   a  comprobar   in   situ   a  auténtica dimensión da vida  comunidade educativa do centro.

Información eleccións Consello Escolar curso 2022-2023

A Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro) establece o calendario para a realización das eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. 

I.-¿QUE É O CONSELLO ESCOLAR?

O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan os distintos membros da comunidade escolar na organización do centro. 

II.- QUEN COMPÓN O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP PLURILINGÜE DAS VENDAS DA BARREIRA?

-O director, que é o seu presidente.

-Dous profesores/-as elixidos polo Claustro.

-Dous representantes dos pais/nais ou titores legais do alumnado (un proposto pola ANPA). 

-Un concelleiro/a ou representante do Concello de Riós. 

III.-COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR

Art. 127 Lei Orgánica de Modificación da LOE (LOMLOE) 3/2020 de 29 de decembro, polo que se modifica a Lei Orgánica 2/2006.

No noso centro só corresponden votacións á renovación (vacante) dun/ha mestre/a posto que os integrantes actuais do consello escolar (que deben ser votados) foron electos o curso pasado

DÍAS NON LECTIVOS CEIP O CASTIÑEIRO 2022 - 2023

17 DE FEBREIRO DE 2017 (VENRES DE ENTROIDO)

3 DE MAIO (MÉRCORES, FESTIVO LOCAL CONCELLO DE LAZA)

Distribuir contido