Fondo solidario de libros de texto 2023 - 2024

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (procedemento ED330B)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 dedo 2023.

 

BENEFICIARIOS (no noso centro): Alumnado de Educación Primaria matriculado no vindeiro curso 2023 /2024 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

-       Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º e educación especial.

O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.

-       Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

     - Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

           - Certificado ou volante de convivencia.

           - Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

DE SER O CASO...

- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

- Calquera outra documentación que sirva para xustificar algún dos items sinalados.

 

 A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PÓDESE FACER:

 

  • VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO: (unha por alumno/a)

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023

  • A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDO LIBROS:

                            https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

  • NO PROPIO CENTRO EDUCATIVO DE 9:30 A 10:30

Admisión Alumnado 2023-24

Finalizado o prazo ordinario de admisión e revisadas as solicitudes presentadas no noso centro, informamos que, todas as solicitudes obtiveron asignación de praza no curso correspondente. 

Importante! Todos os admitidos deberán formalizar a matrícula no período do 20 ao 30 de xuño de 2023.

Información básica sobre a protección de datos

 

CARTELERÍA

 

   
     

 

 

 

PÍLULA DE SEGURIDADE - DOCUMENTOS

 

 

 

PROTECCIÓN DE DATOS

Formación didáctica

 

PFPP - Proxecto de formación permanente do profesorado

CEIP O CASTIÑEIRO 2023 -2024

 

  • Normas de uso dos distintos medios de comunicación dixital e aplicación da política de uso aceptable dos medios de comunicación establecida nas comunidades educativas.
  • A protección de datos persoais, privacidade e dereitos dixitais.

 

 

 

Protección de Datos Nos Centros Educativos by CEIP O CASTIÑEIRO LAZA on Scribd

 

 

 

 

 

 

SESIÓN FORMATIVA SOBRE SEGURIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

CURSO 2023 - 2024

 

 

 

 

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal

 

 

 

 

 

 AVISO NO CENTRO PROTECCIÓN DATOS

 

DECÁLOGO DE PROTECCIÓN DE DATOS

 

 

Protección de Datos de Carácter Persoal CEIP O Castiñeiro 2022- 2023 PFPP by ceipcastinheiro on Scribd

   

https://www.slideshare.net/CEIPOCASTIEIROLAZA/proteccin-de-datos-de-carcter-persoal-ceip-o-castieiro-2022-2023-pfpppptx

 

Responsables do tratamento de datos:

  • Identidade (centro educativo): Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) O Castiñeiro
  • Dirección Postal: Rúa Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense)
  • Correo electrónico:  ceip.castinheiro@edu.xunta.gal

 

Finalidade:

  • O obxectivo principal do tratamento dos datos persoais é a referida á xestión escolar e as actividades do centro educativo.

 

Tipo de datos:

  • Orixe e ambiente familiar e social
  • Características e condicións persoais.
  • Desenvolvemento e resultados da escolarización
  • Aquelas circunstancias que sexa necesario coñecer para educar e orientar ao alumnado e ás súas familias.
  • Datos da saúde sempre e cando sexan significativos para o desenvolvemento da actividade docente e sempre mirando pola seguridade e en beneficio principalmente do alumnado e do profesorado do centro.
  • Imaxes e reportaxes audiovisuais.

 

Como se obteñen os datos:

Os datos anteriores serán recollidos nos períodos de matrícula, nas diversas reunións tanto individuais coma colectivas que se realicen, durante a escolaridade dos nenos e nenas.

 

Datos de saúde

No relacionado cos datos de saúde sempre e cando se produza algunha alteración ou novidade no estado de saúde sería recomendable coñecer eses cambios e a evolución dos mesmos. No caso de considerar que son datos pertinentes ou que deben formar parte do expediente individual do neno ou nena formarán parte do arquivo e xestionaranse coma o resto dos datos.

De darse o caso de nenos ou nenas inscritos no programa de alerta escolar ou nunha situación delicada, seguirase o protocolo preciso para dar a información necesaria ás persoas implicadas para saber as pautas de actuación. Favorecerase neste caso a difusión da situación concreta co fin de posibilitar evitar problemas ou situacións de risco.

Datos e resultados da escolarización e orientación educativa.

Os resultados acadados ao longo da escolarización do neno ou nena serán tratados de forma confidencial, tendo as familias acceso a estes datos a través de diferentes medios:

  • A través dos boletíns informativos (dispoñibles en formato papel e a través da aplicación AbalarMobil ou espazo abalar) que se notifican ás familias trimestralmente (aproximadamente).
  • A través das titorías ou entrevistas individuais que realizan co personal docente.
  • A través das diferentes probas, test, entrevistas e outros medios que faciliten a función titorial e orientadora co fin de mellorar a atención ao alumnado no seu desenvolvemento académico e persoal.

Imaxes e reportaxes audiovisuais.

O CEIP O Castiñeiro poderá realizar gravación de imaxes (vídeo e fotografía) con fins educativos nos diferentes traballos escolares e avaliacións.
Ademais desta finalidade estritamente académica, o centro nas diferentes actividades extraescolares e complementarias, saídas educativas, actividades puntuais e visitas escolares poderá realizar estas gravacións e difundilas sempre e cando conte coa autorización pertinente. Para isto, as familias no momento da matrícula do alumnado ou no momento de actualización de datos, asinará a autorización de uso das imaxes. Estas imaxes poderán ser empregadas e difundidas na páxina web e a súa galería de imaxes, ou blog do centro ou institucional, na revista escolar e en medios de comunicación.
                  
Así mesmo, autorízase o tratamento da imaxe en contornas, aplicacións ou ferramentas virtuais prestadoras de servizos en nube, redes sociais, ou servizos de mensaxería ... (asociados á conta de Twitter do centro e ás aplicacións que se empreguen dentro dos servizos prestados por Google a través da aplicación Google Suite para Educación que emprega o centro e que se describen de seguido), e autorízase a posible transferencia internacional de datos, derivada do seu uso, aos países nos que se atopen os seus servidores.

Os servizos asociados a estas ferramentas son:

 

As imaxes, vídeos e material audiovisual pertencen ás contornas educativas do centro e non está "permitido" difundilas a outros medios abertos da rede. Poderán gardalas para uso propio pero será responsable da difusión incorrecta a persoa que as divulgue, non o centro.

Non estarán autorizadas a realizar gravacións de imaxes dos nenos e nenas nin das actividades do centro as familias e aquelas persoas que non estean autorizadas a tal fin. O emprego destas imaxes e o seu uso é responsabilidade das propias persoas que ou ben fixeron esas gravación ou empregaron esas imaxes.

Destinatarios:

Os datos serán empregados polo centro educativo cando sexan precisos para o desenvolvemento da función docente e orientadora. Estes datos estarán á disposición do centro e da administración educativa (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional).

Dereitos sobre estes datos:

As familias e persoas que teñan a tutela dos nenos e nenas poderán acceder, modificar e rectificar os datos, de tal forma que faciliten o acceso ás familias, o seu contacto ou o coñecemento da súa realidade sociocultural co fin de axudar e mellorar no posible o desenvolvemento do neno ou nena durante a súa etapa de escolarización no centro educativo.

Uso dos datos:

Como xa se especificou en apartados anteriores os datos recollidos e os documentos e datos xerados no centro serán de carácter confidencial na súa maioría.
Así mesmo haberá documentos de xestión do centro que se poderán facer públicos ou ben por normativa ou ben por considerar que poden ser de interese para a comunidade educativa. Dentro destes documentos facemos referencia á normativa de aplicación, planificación de actividades docentes, plans de actuación,...

 

 

 Protocolo_proteccion_datos_v1.0.pdf

Admisión curso 2024/2025

 

Dende o  día 1 e ata o 20 de marzo (ambos incluídos) permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que se matricula por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e o prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A solicitude pódese facer de forma telemática ou de forma presencial recollendo o impreso no centro.

 

HORARIO DE DIRECCIÓN:

LUNS, MARTES, MÉRCORES E VENRES: 09:30-10:30

XOVES: 09:30-11:30

 Documentos solicitude:

  • Solicitude segundo o Anexo II (en galego) ou Anexo II (en castelán) 
  • Solicitude en liña a través da aplicación da Consellería de Educación
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do DNI do alumno/a e/ou fotocopia do libro de familia)
  • Certificado oficial do expediente académico no caso de solicitar praza para un curso académico que así o requira.
  • En caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial onde conste a custiodia do/a menor.

PROCESO DE ADMISIÓN 2023 - 2024

CIRCULAR CEIP O CASTIÑEIRO

 

Na dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ dispoñen de toda a información sobre a admisión de alumnado para o curso 23/24.

O primeiro prazo (Reserva de praza) é para que o alumnado de 6º de EP reserve praza se quere acudir a algún dos centros aos que estamos adscritos :IES Castro de Baronceli.

O prazo é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

O segundo prazo (Admisión) é para o alumando que está sen escolarizar , para o que quere cambiar de centro ou para o de 6º de EP que non fixo a reserva nos centros adscritos.

Este prazo é do 1 ao 21 de marzo. En breve informaremos das xornadas de portas abertas no noso centro.

Dispoñedes dos modelo de solicitudes para os dous procesos na páxina á que facemos referencia arriba , como anexo a este documento ou  no cole.

Un afectuoso saúdo.

Distribuir contido