AS SORPRESAS DE NOVEMBRO

Este último mes veu cargado de cousas novas. Foi a inauguración da biblioteca e este curso imos a comezar a ser usuarios do servizo de préstamo, para tal, fixemos diversas propostas para que vaian identificando as etiquetas que ten cada libro e poder ubicalas de forma autónoma na biblioteca e así próximamente poIdamos comezar a levar os libros para as nosas casas.

Por outra banda, comezamos a escribir que fixemos na fin de semana, a partir da escritura espontánea para poder ver a etapa da escritura na que se atopa cada un/unha e ver a súa evolución ao longo do curso. 


Tamén celebramos o Magosto e aproveitamos as castañas para outros usos.

Ademais, iniciamos un proxecto a partir do conto “Monstro de cores”, adentrándonos no mundo as emocións para progresivamente ser conscientes de como nos sentimos, entendendo pouco a pouco sobre cada unha delas, e que non hai ningunha emoción mala.