You are hereDía das Letras Galegas

Día das Letras Galegas


Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

     Este ano 2023 dedicóuselle o día das Letras Galegas a D. Francisco Fernández del Riego, o escritor lucense que viviu a maior parte da súa vida en Vigo

     Como todos os anos, tratamos de coñecer a súa vida e obra literaria e realizamos actividades varias, utlizando os recursos que sobre este autor existen na rede.


 

 

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

 

 O día das Letras Galegas deste ano foi dedicado ao autor Florencio Delgado Gurriarán, escritor valdeorrés que viviu entre Galicia e América. Por tal motivo, no noso centro levamos a cabo actividades diversas, entre elas lectura de poemas, actividades plásticas e unha xincana con cuestións sobre a súa vida na que participou todo o alumnado do centro, como unha actividade colaborativa na que os maiores traballaron xunto cos máis pequenos.

 

 

 LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este ano celebramos o día das letras galegas no noso centro conmemorando a Xela Arias, unha escritora lucense que foi tradutora e tamén escribiu varios libros de poesía, un dos cales se titula "Darío a diario", con poemas dedicados integramente ao seu fillo Darío.
Como actividade para este ano, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recitou uns poemas do libro antes mencionado.

 

 

Letras Galegas 2020: Ricardo Carballo Calero

Para conmemorar o Día das Letras Galegas este curso escolar no que estiveron confinados, pedíuselles aos nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria colaboración para o recitado do poema "Ferrol 1916", un  poema de D. Ricardo Carballo Calero , a quen está dedicado este ano 2020 o Día das Letras Galegas, que evoca a súa infancia, a nenez que viviu en Ferrol. Agradecemos o traballo feito a todo o alumnado que finalmente puido colaborar. Feliz Día das Letras Galegas!

Etiquetas