You are hereDependencias do centro

Dependencias do centro


 

O edificio está dividido en dúas plantas, nas que se reparten as distintas dependencias necesarias para a práctica educativa. Atopamos os seguintes espacios dependendo da planta.

 

 

Planta Baixa:

  • Despacho da Dirección.
  • Despacho da Secretaría.
  • Sala de profesorado.
  • Patio de usos múltiples.
  • Aula de Educación Infantil.
  • Aula 1 de Educación Primaria.
  • Aula de psicomotricidade e xogos.
  • Comedor escolar.
  • Cociña con despensa e cuarto de aseo.
  • Cuartos de aseo de alumnado e de profesorado.
  • Cuarto de material de limpeza.

 

Primeira planta:

  • Aula 2 de Educación Primaria.
  • Aula de Educación Musical e inglés.
  • Laboratorio.
  • Biblioteca.
  • Aula de AL-PT-Orientación.
  • Cuartos de aseo de alumnado e de profesorado.
  • Salón de actos.

 

Ademais destes espacios existen outros que na actualidade están sendo empregados polos servicios do Concello de Os Blancos, con permiso da Xefatura Territorial.

 

A parte exterior do centro destaca pola súa integración coa natureza. Dentro do recinto hai distintas árbores autóctonas como nogueiras, carballos, sabugueiros e un vello e destacable alcipreste. Propias da instalación do centro son unha pista polideportiva ó aire libre, unha zona cuberta con pérgola con zona de xogos e un areeiro para o ciclo de Infantil.


Eventos

« Xuño 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Enlace Aula Virtual