You are hereHistoria e emprazamento

Historia e emprazamento


O colexio

 

O centro atópase situado na poboación de Os Blancos, que dista a 9 Km. de Xinzo da Limia, e é a cabeza dun concello de 812 habitantes, habendo unha media de 18,45 hab./Km.2.
 
O edificio foi construído durante o período 1981-1982, e dende entón xa se levan realizado outras melloras, como o cerre do patio cuberto, pavimentación dunha pista polideportiva, e auga corrente.

O concello de Os Blancos é montesío e crebado na vertente oriental do monte Aguioncha, onde nace o río Eiroa, que atravesa o concello de oeste a leste. Entre a toponimia dos montes podemos encontrar nomes como O Corno, Os Picos do León, o Penedo da Raíña Loba, o Penedo da Queimada, o Curisco, o Castelo...

Pouco antes de entrar no poboado, no lugar de Ouvigo, á dereita da estrada, consérvanse restos, só apreciables para expertos, dun templo paleocristián, San Breixo o Vello, arrodeado dunha necrópole.


 

É unha zona na que o índice de continentalización climática é ben aparente, tanto na aridez do verán, con altas temperaturas e escasísimas choivas, como na amplitude térmica anual xustificada tamén polos fríos invernos, con abundantes néboas e sen neve. As precipi-tacións son máis frecuentes, dado que hai unha altitude maior.

No tocante á vexetación autóctona, destacan motivos típicos como carballos, castaños, bidueiros e amieiros. No desenrolo da agricultura, o xabarín dá unha boa nota cos seus destrozos no millo, alén de raposos e lebres, perto dos pobos, que, xunto con algunhas aves de caza, constitúen toda a fauna de importancia no concello.

Polo que respecta ó aspecto económico, está adicada á agricultura e gandería autóctona, pró consumo persoal e familiar, e de pouco rendemento económico, o que conleva un alto índice de inmigración, sobor de todo a lugares como Xinzo da Limia, dato que, engadido tamén ó baixo índice de natalidade, fanque a matrícula do Centro vaia disminuíndo notablemente ano tras ano.

  

Se estás interesado na historia e costumes de Os Blancos, hai libros sobre o tema escritos polo antropólogo de Loureses Manuel Mandianes, e tamén sobre arqueoloxía escritos polo eminente Florentino López Cuevillas (sobre a raíña Loba), ou polo arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero (sobre o templo paleocristián de Ouvigo), aínda que un dos máis importantes históricamente é a "Descripción de los estados de Monterrey en Galicia", escrito polo abade de Cobelas D.Pedro González de Ulloa.

Eventos

« Decembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031