Skip to Content

BO NADAL!

 

Dende o CEIP BARRANTES queremos desexarvos a todos/-as unhas FELICES FESTAS!

 

 

 

 

 

MAGOSTO E IV CARREIRA BARRANTIÑA

O día 26 de outubro celebraremos o magosto e a IV Carreira Barrantiña á que estades todos e todas convidados/-as.

Este ano pretende ser unha carreira solidaria na que se recadarán fondos para a ASOCIACIÓN BICOS DE PAPEL, unha asociación de axuda aos nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

A carreira comezará a partir das 12 horas e o magosto arredor das 13 horas.

Grazas pola vosa colaboración!

 

REVISTA ESCOLAR

 

Xa podedes mergullarvos na revista LÚA NOVA que recolle as actividades

que realizamos ao longo deste curso escolar 2017/18.

Atoparédela no BLOG FALAMOS ou no apartado REVISTA ESCOLAR.

 

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2018/2019

 

 

Lémbrase que o prazo de formalización de matrícula remata este venres 29 de xuño.

A documentación a presentar é a seguinte:

- ANEXO III

- Solicitude de matrícula no centro

- Folla de empadroamento

- Anexo (cuestionario lingua materna do alumno/-a

- 3 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/-a

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/-a onde veñen as vacinas (opcional)

- Informe médico asinado polo pediatra (opcional)

 

 

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/2019

 

 

 

 

O CEIP DE BARRANTES GAÑA O I CERTAME ESCOLAR DE CREACIÓN DRAMÁTICA DO IEM

 

 

 

 

A Sección de Teatro do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) convocou un certame de escrita dramática para o estudantado, desde 5º de Primaria, até rematar a educación secundaria, cunha idade máxima de 20 anos.

Os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granja Paz, representando aos grupos da sección de teatro, Luis carballo Moure, membro do IEM que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do I Certame Escolar de Creación Dramática, promovido e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns, ao noso colexio pola obra: OITO APELIDOS GALEGOS.


A obra foi escrita polas nenas e nenos de 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

NORABOA AO ALUMNADO E Á SÚA TITORA MARÍA LEMOS.

SIGAMOS CREANDO!

VISITA DE MARIA ALONSO SEISDEDOS

 

 

 

 

Este venres, 23 de marzo, María Alonso Seisdedos acudirá ao noso cole.

Teremos a sorte de coñecer á tradutora de "Malala e o lapis máxico", un libro que amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.

Agardámola impacientes!

CONCURSO DE RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

 

 

 

 

 

O sábado, 10 de marzo, tivo lugar na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei-Lugo) a fase final do concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva". A finalidade do concurso é a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e de Manuel María.

O noso centro participou na primeira e na segunda categoría:

- 1ª categoría (1º, 2º e 3º de Primaria)

- 2ª categoría (4º, 5º e 6º de Primaria)

 

Foi unha xornada onde gozamos e compartimos versos, a beleza da palabra convertiuse no abeiro dunha mañá de vento e choiva.

 

Ademais regresamos con premio!

Na segunda categoría, IZAN PÉREZ ASENSIO, conseguiu o 1º PREMIO polo recitado do poema "Teño un niño de tolos pensamentos", de Rosalía de Castro.

 

 Queremos agradecer ás familias e a todo o alumnado a súa participación e ilusión!

 

Xa estamos pensando na V edición!

 

FROITA NA ESCOLA

Como xa sabedes, o centro participa no programa "Froita na escola", unha proposta que ten a finalidade de concienciar sobre a importancia de introducir a froita na dieta cotiá para adquirir unha alimentación sa e equilibrada. 

As dúas vindeiras semanas ( dende o 5 ao 16 de marzo) teremos froita na hora do recreo, porén, non será preciso que traian merenda.

 

 

COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2018/19

Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2018/19.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut