Skip to Content

Animación á lectura

SEMANA DO LIBRO

 

Pola semana do Libro fixemos un mural colaborativo no que as nenas e os nenos do CEIP Barrantes crearon o seu propio slogan para reflexar a importancia da lectura nas nosas vidas e fomentar así o gusto pola mesma. Ademais, leváronse a cabo os apadriñamentos lectores, onde pequenos e maiores compartiron lecturas no patio.

 

 

SEMANA DA PRENSA

 

No mes de marzo conmemoramos a “Semana da Prensa” no cole. Ademais de traballar con periódicos nas aulas, o alumnado elaborou un mural xornalístico, onde se publicaron novas de sitios emblemáticos de Galicia: As Burgas, A Peregrina, A Torre de Hércules e a Muralla de Lugo.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

24 de OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Co gallo do Día das Bibliotecas onte realizamos a apertura da biblioteca do centro para o curso escolar 23-24. Para conmemoralo contamos co ilustrador Iago Araújo, que impartiu varios obradoiros sobre a creación de personaxes. O alumnado dende infantil a 6º de primaria pasouno xenial na actividade.

Obradoiro baile galego

O martes 16 de maio, por mor da Semana das Letras Galegas, contamos cun obradoiro de baile galego no que participou todo o centro grazas a Artur Puga (un dos bailaríns que acompañou ás Tanxugueiras no Benidorm fest).
Divertímonos e aprendemos un montón!!
obradoiro baile galego

Semana do Libro

A pasada semana celebramos a "Semana do Libro". O alumnado elaborou unha flor con materiais de refugallo e fixemos un mural con imaxes dos nenos e nenas lendo. O venres concluímos coa actividade "padriños e madriñas lectores e lectoras". Deixamos varias imaxes.

 

 

 

 

 

 

 

 

Día das Bibliotecas. Curso 21-22

Hoxe, 26 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. O alumnado do colexio puido gozar cunha actuación musical, "Ramona Órbita, a Dona do tempo", levada a cabo por Paco Cerdeira, "PAKOLAS".

 

 

Contacontos

No día de onte contamos coa presenza de Pedro Brandariz, para finalizar coas actividades do Día do Libro.

 

 


 

23 de abril. Día do Libro

O pasado 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. Levamos a cabo unha iniciativa para fomentar no noso alumnado o interese pola lectura e concretamente pola poesía. Participamos nun obradoiro poético onde contamos coa presenza da poetisa Yolanda Castaño. Unha experiencia moi positiva onde puidemos gozar creando na nosa lingua, descubrindo os segredos que garda este xénero literario.

 

 

 

Contos pola igualdade

O pasado mércores realizamos no patio do colexio uns obradoiros de igualdade impartidos por Raquel Queizás.

 

 

 

 

 

 

 

Semana da Prensa

Un ano máis conmemoramos a Semana da Prensa, do 8 ao 12 de marzo. Fixemos unha exposición de xornais diversos nas aulas e un Mural Xornalístico, con novas aportadas polo alumnado sobre o medio ambiente, a saúde e a alimentación saudable.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut