Skip to Content

Centro

Formación docente

Desde o centro estamos a formarnos nun Programa de innovación educativa chamado "Polos Creativos", co fin de fomentar a creatividade e a competencia dixital. Neste PFPP (Plan de Formación Permanente del Profesorado) estamos a coñecer equipamento especializado como a cortadora láser.

 

Pola igualdade!

O alumnado de sexto de primaria tivo o pracer de inaugurar os obradoiros formativos con enfoque de xénero impulsados polo concello.

Visitamos A Coruña!

No día de onte o alumnado de primaria foi ata A Coruña, onde visitaron a Casa das Ciencias e o Acuario. Foi unha xornada estupenda, na que nenos e nenas experimentaron e espetaron a súa curiosidade polo ámbito científico!

E agora... chegan as vacacións! Descansade, desconetade e volvede con forza!!!

8M

 

Hoxe conmemoramos o 8M cun mar morado con redes de pesca que recollen todas as mensaxes de igualdade elaboradas polo alumnado.

Feliz Día Internacional da Muller!

DÍA DA PAZ

Como cada ano, o 30 de xaneiro celebrouse no centro o Día da Paz. Neste curso todo o alumnado escribiu un desexo de paz que gardamos baixo terra nunha cápsula do tempo.

Oxalá que no vindeiro curso vexamos cumpridos moitos destes desexos para conmemorar de novo un día tan importante.


XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

UNO ENTRE CIEN MIL

Lembrades a carreira solidaria que fixemos antes das vacacións de Nadal? A verdade é que foi todo un éxito e grazas a vós a nosa comunidade educativa recaudou un total de 620€. Hoxe mesmo fíxose o ingreso na Fundación  UNO ENTRE CIEN MIL.


Grazas por facer posible a loita contra a leucemia infantil.

 

 

Animádevos a participar na Carreira solidaria!

O vindeiro xoves 21 levarase a cabo a Carreira Solidaria que o CEIP Barrantes organiza para acadar fondos contra a leucemia infantil.

Todas as aportacións son voluntarias e serán entregadas á Fundación “Uno entre cien mil”.

Nais, veciñas, amigas… estades todas e todos convidados a correr e a andar con nós.

Nós xa estamos preparadxs, e ti?

25 de novembro

O pasado día 25N, co gallo do Día internacional contra a violencia de xénero, programamos un concurso de debuxo que empregamos de selo para estampar nas chapas que todo o alumnado, e claustro, levou para a súa casa. Pasámolo xenial e inculcamos valores as nosas/os cativos.
 
 
 

"Moito maxín no Samaín"

O pasado martes, 31 de outubro, celebramos o Samaín no CEIP Barrantes, a data máis aterradora do ano. O alumnado e as súas familias participaron nunha exposición de vasoiras chea de maxia que de seguro fixo as delicias de bruxas e feiticeiros.

Ese mesmo día, realizáronse uns obradoiros de peiteado e maquillaxe nos que o alumnado transformouse. Para isto, tivemos a fantástica colaboración de todos os mestres e mestras, e coa axuda do alumnado de quinto e sexto de primaria.

Unha vez caracterizamos de xeito arrepiante contamos cunha sesión de música e baile na que para entrar elaboramos un "caldo de ósos", botando cada alumno/a un óso no que estaban escritas diferentes palabras en galego das que o alumnado buscara previamente información coa axuda das familias.

Pasámolo terrorificamente ben!

  

Distribuir contido


by Dr. Radut