Skip to Content

Comedor Escolar. Curso 21-22

Medidores CO2

Hoxe instalamos 1 medidor de CO2 en cada aula do colexio. Deste xeito poderemos controlar mellor a calidade do aire para que sexa o mellor posible. Agradecemos a axuda económica da Comunidade de Montes de Barrantes.

 

ADMISIÓN ALUMNADO. CURSO 2021 - 2022

O vindeiro luns 1 de marzo comeza o proceso de admisión para o curso 2021 - 2022 (información no documento axunto).

Se algunha familia desexa información sobre o centro ou visualizar as instalacións, debe poñerse en contacto a través do correo electrónico (ceip.barrantes@edu.xunta.gal) ou por vía telefónica (986622651). Concretaranse visitas de xeito individualizado (este ano por mor da Covid-19 non haberá xornada de portas abertas de xeito grupal).

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021

Libros de texto; Curso 2020/2021

Nota informativa

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2020 !

Chegadas estas datas toca festexar o fin de curso, se ben é certo que a maioría de nos temos sentimentos encontrados por mor desta última etapa escolar tan atípica que nos tocou vivir. Queremos comezar esta nova normalidade cun pequeno agasallo que de seguro que a máis de un/unha lle provoca un fermoso sorriso! Agardamos con ilusión que veñan tempos mellores e poidamos celebralo tod@s xunt@s no cole como acostumábamos a facer... mentres tanto disfrutade coa vídeo-montaxe tan chula que traemos para vos! Moitas grazas por facelo posíbel e vémonos a volta.

Coidadevos moito!!

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 Podedes visualizar ou ben descargar o vídeo nos seguintes enlaces:

Teachers for future

 

Despois dun curso atípico, no que a perda da biodiversidade provocou unha zoonose que parou as nosas vidas, ponse de manifesto máis que nunca a necesidade de contribuír ao coidado do planeta.

 

Teachers for future envíanos un diploma en agradecemento pola nosa participación no programa Recreos Residuos Cero, que este curso debido ás circunstancias non puidemos levar á práctica do xeito que quixeramos. O vindeiro curso retomaremos esta iniciativa con máis forza.

Recursos Departamento de Orientación

Para pechar o mes de maio, dende o Departamento de Orientación precisamos da vosa axuda para conseguir a seguinte misión:

Harry, Ron e Hermione foron apresados, e a través de diversas pistas debemos atopar o código da cerradura da súa celda para axudarlles a escapar.

Apuntádesvos?

 

https://view.genial.ly/5ec7a131ad9c9e0d8e206315/interactive-content-bescape-room-al-harry-potter-milorenzo

 

Recursos Departamento de Orientación

Esta semana propoñemos de novo unha serie de actividades clasificadas por cursos para todo o alumnado, onde hai xogos moi divertidos...agardamos que pasedes un bo ratiño.

 

https://view.genial.ly/5ec3b7db8e243b0d5a33ea3f/presentation-a-l-tarefas-ceip-barrantes-mil

Distribuir contido


by Dr. Radut