O concello de Tomiño está situado no Baixo Miño frente a Portugal. Conta con 15 parroquias entre as que se atopa a de Barrantes.
Como se pode ver no mapa o entorno é rural, cunha poboación dispersa cunha paisaxe onde destacan os pinares e próximo ao monte da Pedrada cunha preciosa panorámica do val.
A zona é rica en restos arqueolóxicos como petroglifos, mámoas, minas romanas e unha igrexa románica de interese cultural.