Skip to Content

VII CERTAME LITERARIO

Outro ano máis celebramos o certame literario no CEIP de Barrantes, que xa vai pola súa sétima edición.

Os cursos de infantil participaron na categoría de ilustración, mentres que primaria podía presentar obras en forma de conto, poesía ou banda deseñada.

Os gañadores do certame foron:

  • Infantil: Sonia (4º), Aya (5º) e Gabriela (6º).
  • Primaria: Mateo (1º), Emma (2º), Neyzan (3º), Anxo (4º), Lucas (5º) e Lois (6º).

Aquí tedes todas as obras presentadas!

Solicitude de axudas (libros de texto e material escolar)

 

 

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou a  ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). (DOG 20-05-24)


O prazo para presentar solicitudes remata o 21 de xuño.

Adxúntase nota informativa e anexos.

 

Letras Galegas

Celebramos o Día das Letras Galegas reivindicando a nosa fala coas palabras propias da nosa contorna. 

Moitas grazas por todas as palabras aportadas, xuntos mantemos a nosa lingua viva.


 

 

Formación docente

Desde o centro estamos a formarnos nun Programa de innovación educativa chamado "Polos Creativos", co fin de fomentar a creatividade e a competencia dixital. Neste PFPP (Plan de Formación Permanente del Profesorado) estamos a coñecer equipamento especializado como a cortadora láser.

 

SEMANA DO LIBRO

 

Pola semana do Libro fixemos un mural colaborativo no que as nenas e os nenos do CEIP Barrantes crearon o seu propio slogan para reflexar a importancia da lectura nas nosas vidas e fomentar así o gusto pola mesma. Ademais, leváronse a cabo os apadriñamentos lectores, onde pequenos e maiores compartiron lecturas no patio.

 

 

Treboada polo Día das Artes Galegas

O pasado 5 de abril asistiron ao cole uns membros da treboada "A Bravesca" para conmemorar o Día das Artes Galegas. A treboada é unha agrupación musical na que o instrumento principal son os bombos, os cales están acompañados por unha ou dúas gaitas e por unha caixa.

Sabedes cal é a orixe da treboada? Contáronnos que é unha agrupación musical típica de concello de Tomiño que se emprega para avisar da celebración dunha festa.

Foi un día marabilloso no que tocaron cancións que acompañamos con palmas e tamén practicamos un pouco tocando o bombo!

Moitísimas grazas pola visita!!!

Pola igualdade!

O alumnado de sexto de primaria tivo o pracer de inaugurar os obradoiros formativos con enfoque de xénero impulsados polo concello.

Visitamos A Coruña!

No día de onte o alumnado de primaria foi ata A Coruña, onde visitaron a Casa das Ciencias e o Acuario. Foi unha xornada estupenda, na que nenos e nenas experimentaron e espetaron a súa curiosidade polo ámbito científico!

E agora... chegan as vacacións! Descansade, desconetade e volvede con forza!!!

SEMANA DA PRENSA

 

No mes de marzo conmemoramos a “Semana da Prensa” no cole. Ademais de traballar con periódicos nas aulas, o alumnado elaborou un mural xornalístico, onde se publicaron novas de sitios emblemáticos de Galicia: As Burgas, A Peregrina, A Torre de Hércules e a Muralla de Lugo.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

8M

 

Hoxe conmemoramos o 8M cun mar morado con redes de pesca que recollen todas as mensaxes de igualdade elaboradas polo alumnado.

Feliz Día Internacional da Muller!

Distribuir contido


by Dr. Radut