Skip to Content

Libros de texto; Curso 2020/2021

Nota informativa

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2020 !

Chegadas estas datas toca festexar o fin de curso, se ben é certo que a maioría de nos temos sentimentos encontrados por mor desta última etapa escolar tan atípica que nos tocou vivir. Queremos comezar esta nova normalidade cun pequeno agasallo que de seguro que a máis de un/unha lle provoca un fermoso sorriso! Agardamos con ilusión que veñan tempos mellores e poidamos celebralo tod@s xunt@s no cole como acostumábamos a facer... mentres tanto disfrutade coa vídeo-montaxe tan chula que traemos para vos! Moitas grazas por facelo posíbel e vémonos a volta.

Coidadevos moito!!

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 Podedes visualizar ou ben descargar o vídeo nos seguintes enlaces:

Teachers for future

 

Despois dun curso atípico, no que a perda da biodiversidade provocou unha zoonose que parou as nosas vidas, ponse de manifesto máis que nunca a necesidade de contribuír ao coidado do planeta.

 

Teachers for future envíanos un diploma en agradecemento pola nosa participación no programa Recreos Residuos Cero, que este curso debido ás circunstancias non puidemos levar á práctica do xeito que quixeramos. O vindeiro curso retomaremos esta iniciativa con máis forza.

Recursos Departamento de Orientación

Para pechar o mes de maio, dende o Departamento de Orientación precisamos da vosa axuda para conseguir a seguinte misión:

Harry, Ron e Hermione foron apresados, e a través de diversas pistas debemos atopar o código da cerradura da súa celda para axudarlles a escapar.

Apuntádesvos?

 

https://view.genial.ly/5ec7a131ad9c9e0d8e206315/interactive-content-bescape-room-al-harry-potter-milorenzo

 

Recursos Departamento de Orientación

Esta semana propoñemos de novo unha serie de actividades clasificadas por cursos para todo o alumnado, onde hai xogos moi divertidos...agardamos que pasedes un bo ratiño.

 

https://view.genial.ly/5ec3b7db8e243b0d5a33ea3f/presentation-a-l-tarefas-ceip-barrantes-mil

Recursos do Departamento de Orientación

Dende o Departamento de Orientación invitamos ao alumnado de Educación Infantil a que visite esta páxina para reforzar a estimulación da linguaxe:

 

https://view.genial.ly/5eb3efee2d993f0d2458c4a2/dossier-sales-infantil-al-milorenzo-2

Nota informativa. Proceso de admisión

Recursos de interese

Compartimos unha páxina achegada por unha familia do centro con recursos bibliográficos que nos pareceu interesante.

https://drive.google.com/drive/folders/1nIgl6lLWVK3NGdqFDHk-OTPEtZSHAzhf?fbclid=IwAR0-rQpQAuDJmo4ndDx8FvzssKSs0q3MQt-pA4ynikz6gOtN-DsNz9QeUPE

Distribuir contido


by Dr. Radut