Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro, para celebrar o día de Rosalía, adicámoslle un mural na entrada do cole. Como este curso o proxecto trata sobre "A cultura galega", neste mural mostramos unha investigación que realizamos nas aulas da relación de Rosalía de Castro con cada unha das provincias galegas. Ademais, contamos coa colaboración das familias, e cada alumno/a cubriu unha plantilla con aspectos típicos de cada unha das provincias de Galicia. Gracias a isto puidemos aprender máis sobre esta importante autora e tamén sobre a nosa terra.

UN ANO MÁIS O ENTROIDO CHEGOU A BARRANTES!

Este ano, traballando o proxecto anual de centro “A cultura galega”, o entroido adicouse aos disfraces típicos de cada provincia de Galicia.

 

En Infantil foron de CORREOS DOS XENERAIS DA ULLA. Son unha manifestación do Entroido típica da zona do Val do Ulla nos concellos de Padrón, Santiago de Compostela, Teo, Touro e Vedra na provincia da Coruña; xunto coa Estrada, Silleda e Vila de Cruces na provincia de Pontevedra. A orixe desta tradición podería estar nos conflitos armados que se sucederon durante o século XIX como a Guerra da Independencia, na que o pobo galego loitou contra o exército

francés. As personaxes máis típicas deste entroido son os Xenerais da Ulla e os Correos. Os Correos van montados en cabalos engalanados, visten pantalón negro ou branco, botas, camisa con gravata e unha guerreira de cor adornada con lazadas, estrelas e frecos. Ademais, levan un rebenque na man con fitas e cobren a cabeza coa “gorreta”, unsombreiro de ala curta rematado nun entretecido de arame enfeitado con contas de cores e plumas tinguidas.

 

O disfrace do 1º ciclo de primaria foi de CIGARRÓNS. Son personaxes típicos do Entroido Ourensán, máis concretamente da zona de Verín. O seu traxe está composto por unha camisola branca, gravata e unha chaqueta curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Sobre os ombreiros levan un pano e unha gran faixa vermella enrolada á cintura e suxeita ao pantalón. Enriba da faixa a vai o cinturón do que colgan as chocas . As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Zapatos negros e unha zamarra na man completan a súa vestimenta. A diferencia do "Peliqueiro", o "Cigarrón" non leva detrás da máscara unha pelica (trozo de pel o cal lle da nome a dita personaxe do Entroido). Esta é a única diferenza que existe entre ambos.

 

O 2º ciclo caracterizouse de MADAMAS E GALÁNS. Proceden da zona de Cobres, en Vilaboa. O seu traxe é do século XVIII. Levan un gran sombreiro multicolor, con moitos brillantes, adornos e flores. Sobre a vestimenta levan moitos accesorios de cores. As madamas e os galáns representan a posición social máis elevada. De sábado a martes de entroido, durante todo o día as madamas e galáns percorren distintos lugares das parroquias, acompañados por unha comparsa, e mostran ás xentes cos seus bailes, entre elles a popular Danza de Cobres.

 

E por último, o 3º ciclo disfrazouse de VOLANTES. Chantada é unha poboación situada na provincia de Lugo. Estas personaxes (equivalentes aos antigos señores feudais), considéranse a alma do Entroido Ribeirao. Son fáciles de recoñecer polos seus rechamantes roupaxes. Poden levar unha máscara feita con follas de xornais ou o rostro tisnado. Os volantes cobren os seus ombreiros con coloridos panos (chamados portugueses) e levan un cinto de coiro con campaíñas. Ademais, os xigantescos sombreiros, chamados puchos coroan as súas cabezas e fanos inconfundibles. Os puchos son un dos elementos máis típicos do Entroido de Chantada. Levalos sobre a cabeza non é unha tarefa doada, xa que poden chegar a pesar ao redor de 15 kg. Están moi ornamentados con cintas e, ás veces, con flores ou bonecas. O pucho é símbolo de fertilidade e pasea polas hortas despertando á terra do letargo do frío inverno.

 

Esperamos que desfrutárades do desfile e da lectura das coplas adicadas ao noso meco Manole. Un entruido (disfraz típico da zona de Tomiño) que finalmente decidimos reciclalo e non indultalo! 

 

Meco, mequiño, ti que es tan riquiño,

disfraces de Galicia farás en Tomiño.

Meco, mequiño, aquí están os Xenerais,

veñen do Val do Ulla e ademais son xeniais.

 

Meco, mequiño, ti que es tan riquiño,

disfraces de Galicia farás en Tomiño.

Águias e cervos; guepardos e lobos,

lucen nas máscaras no mes de febreiro.

 

Meco, mequiño, ti que es tan riquiño,

disfraces de Galicia farás en Tomiño.

Celebraremos o Entroido

preto do país veciño.

 

Meco, mequiño, ti que es tan riquiño,

disfraces de Galicia farás en Tomiño.

Haberá peliqueiros, pantaias e gaiteiros

e comendo orellas encheremos os peteiros!

 

DÍA DA PAZ

Como cada ano, o 30 de xaneiro celebrouse no centro o Día da Paz. Neste curso todo o alumnado escribiu un desexo de paz que gardamos baixo terra nunha cápsula do tempo.

Oxalá que no vindeiro curso vexamos cumpridos moitos destes desexos para conmemorar de novo un día tan importante.


XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

UNO ENTRE CIEN MIL

Lembrades a carreira solidaria que fixemos antes das vacacións de Nadal? A verdade é que foi todo un éxito e grazas a vós a nosa comunidade educativa recaudou un total de 620€. Hoxe mesmo fíxose o ingreso na Fundación  UNO ENTRE CIEN MIL.


Grazas por facer posible a loita contra a leucemia infantil.

 

 

Carreira Solidaria

Gracias alumnado, profesorado, familias, Comunidade Educativa en xeral. Gracias pola vosa contribución a unha boa causa.

Hoxe o CEIP de Barrantes realizou a Carreira Solidaria para recadar fondos contra a leucemia infantil. O alumnado dende 4º de infantil ata 6º de primaria, acompañado de profesorado e familias uníronse para recorrer kilómetros na loita contra a leucemia infantil.

Posteriormente realizamos a tradicional chocolatada.

Hoxe a solidariedade estivo por enriba de todo.

 

 

 

 

 

Cambio no lugar onde se celebrará a Carreira Solidaria.

A carreira solidaria que se vai a celebrar mañá, para recadar fondos contra a leucemia infantil, levarase a cabo finalmente no propio colexio, non na Plaza do Seixo, como se ía a facer inicialmente. Os motivos do cambio son alleos ao Centro, que presentou a solicitude pertinente e a documentación precisa para poder levala a cabo. Aínda así denegase a autorización para facer a "carreira solidaria" polas rúas do Concello.

Animádevos a participar na Carreira solidaria!

O vindeiro xoves 21 levarase a cabo a Carreira Solidaria que o CEIP Barrantes organiza para acadar fondos contra a leucemia infantil.

Todas as aportacións son voluntarias e serán entregadas á Fundación “Uno entre cien mil”.

Nais, veciñas, amigas… estades todas e todos convidados a correr e a andar con nós.

Nós xa estamos preparadxs, e ti?

25 de novembro

O pasado día 25N, co gallo do Día internacional contra a violencia de xénero, programamos un concurso de debuxo que empregamos de selo para estampar nas chapas que todo o alumnado, e claustro, levou para a súa casa. Pasámolo xenial e inculcamos valores as nosas/os cativos.
 
 
 

"Moito maxín no Samaín"

O pasado martes, 31 de outubro, celebramos o Samaín no CEIP Barrantes, a data máis aterradora do ano. O alumnado e as súas familias participaron nunha exposición de vasoiras chea de maxia que de seguro fixo as delicias de bruxas e feiticeiros.

Ese mesmo día, realizáronse uns obradoiros de peiteado e maquillaxe nos que o alumnado transformouse. Para isto, tivemos a fantástica colaboración de todos os mestres e mestras, e coa axuda do alumnado de quinto e sexto de primaria.

Unha vez caracterizamos de xeito arrepiante contamos cunha sesión de música e baile na que para entrar elaboramos un "caldo de ósos", botando cada alumno/a un óso no que estaban escritas diferentes palabras en galego das que o alumnado buscara previamente información coa axuda das familias.

Pasámolo terrorificamente ben!

  

Distribuir contido


by Dr. Radut