Skip to Content

Bibliobarqueira

Apadriñamentos lectores

Como xa sabedes, o noso centro pertence ó Plan de Melloras das Bibliotecas escolares desde fai uns anos. Así, desde a cova dos contos do Trasno trouleiro, cada Martes comezamos a facer os famosos apadriñamentos lectores entre os máis maiores do cole e os pequenos/as, que escoitan atentamente os relatos dos máis grandes.

   

 

Día dos Dereitos do Consumidor

O pasado 15 de Marzo, conmemorábase o Día dos dereitos do Consumidor, polo que despois de traballar sobre a necesidade de realizar un consumo responsable na nosa sociedade, convidamos novamente a unha das nosas avoas.

Así, contounos sobre como cambiou o consumo desde a súa infancia ata á dos nosos pequenos/as. Para eles/as é inconcedible non ter televisión, ter que compartir unha goma para toda a clase ou mesmo ir camiñando ó centro escolar.

Posteriormente, e tras unha grande cantidade de preguntas, visionamos unha curtametraxe que nos fixo reflexionar un pelín máis sobre un consumo que actualmente excede do realmente necesario. Por isto, decidimos realizar entre todos un pequeno decálogo sobre medidas importantes para aforrar no centro e que, igualmente, son aplicables os fogares. ¡Veremos se as levamos a cabo!

 

Unha vez máis, ¡¡¡¡¡MILLÓNS DE GRAZAS POR PARTICIPAR E COLABORAR NAS ACTIVIDADES DO COLE!!!!!!

 

 

Día Internacional da Muller.

Un ano máis, o 8 de Marzo conmemórase o día da Muller. Así, quixemos rendir unha pequena homenaxe as nosas mulleres máis traballadoras ou, seguramente, as que máis dificultades atoparon no mundo laboral. A verdade é que foi unha actividade moi bonita e emotiva. Esperamos repetir algunha vez máis a experiencia.

E por suposto, ¡¡¡¡MOITAS GRAZAS A TODAS AS AVOAS QUE PARTICIPARON!!!!!

                                       

Entroido "Territorio das Artes"

No ano 2017, as Bibliotecas escolares conmemoran baixo o lema "Territorio das artes", un curso escolar repleto dun mundo tan amplo como é o artístico.

Así, quixemos facer unha pequena homenaxe a todo este mundo creativo e nos puxemos a traballar nos nosos disfraces.

                     

 

               

 

¡¡¡¡¡Traballamos moitísimo!!!!!! Pero mereceu a pena ver o resultado....¡¡¡¡ESTABAN TODOS/AS GUAPÍSIMOS!!!!

Ataviados ata o último detalle, fixemos un desfile no que unha grande parte das nosas familias viñeron a vernos.

Despois do desfile e de mover o esquelete no patio cuberto ó ritmo da música, entramos no comedor a repoñer enerxías e degustar os doces máis ricos do Entroido. Novamente, ¡¡¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!!!!

          

 

              

Coas pilas cargadas con tanto doce, volvimos ás aulas a realizar tres obradoiros diferentes polos cales ibamos rotando. Así, decoramos caretas con todo tipo de material artístico, elaboramos flores para posteriormente compoñer unha postal digna dos máis grandes artistas e, finalmente, realizamos un taller de malabares cirquenses divertidísimo.

                   

Novamente, fixemos unha parada para comer e relaxarnos un pouco de tanta actividade, xa que aínda nos quedaba o plato forte....¡¡¡QUEIMAR Ó MECO!!!!    

Creemos que, sen dúbida, foi o máis esperado de todo o día. Por isto, despois do comedor, acudimos a despedir ó Meco que tanto nos fixo traballar, pero o cal, botaremos moito de menos.

Finalmente, os máis maiores do cole, déronnos unha auténtica clase de ZUMBA.

                                                                      

                                       

Distribuir contido


by Dr. Radut