Como xa sabedes, o Trasno Trouleiro proponnos un xogo para afondar no noso coñecemento sobre Cerdido, que durará todo o curso escolar.
Aquí tedes un resumo das normas do mesmo:
De vez en cando aparecerá no cole, na web e no facebook, unha foto do Trasno Trouleiro (xunto cun código QR), nun lugar do noso concello. A partir dela, teredes que averiguar que sitio é, e acompañados das vosas familias, atopala e sacarosunha foto ao lado da mesma. Se capturades o código QR que ten ao lado este lévanos a unha dirección web onde atoparedes información sobre o lugar.
O concurso consiste no seguinte:
-SE TRAEDES (OU MANDADES AO MAIL claustro.barqueira@gmail.com) A FOTO CO TRASNO NO LUGAR INDICADO: 1 PUNTO.
-SE TRAEDES A INFORMACIÓN QUE TEMOS NO BLOG QUE ATOPAREDES AO CAPTURAR O CÓDIGO QR: 2 PUNTOS.
-SE TRAEDES MÁIS INFORMACIÓN QUE BUSQUEDES POR VÓS MESMOS (BUSCANDO EN INTERNET, PREGUNTANDO AOS MAIORES DE CERDIDO, INDAGANDO NO CONCELLO…): 3 PUNTOS.
QUEN MÁIS PUNTOS OBTEÑA GAÑARÁ UN GRAN PREMIO AO REMATAR O CONCURSO.
ASÍ QUE ÁNIMO A TODOS E TODAS E MOITA SORTE!