Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

Folleto "A natureza que nos rodea"

En relación co proxecto sobre a auga e o concurso "a natureza que nos rodea" que levamos a cabo este curso, as alumnas e alumnos de 4°, 5° e 6° de Primaria realizaron uns folletos informativos sobre a auga en Cerdido (ríos, fervenzas, fontes, lavadoiros, rutas...). Podedes descargar o pdf no arquivo adxunto. Esperamos que vos guste.

Coñeces Cerdido?

Continuamos inmersos de cheo no Plan proxecta "Coñeces Cerdido?", polo que seguindo a derradeira trasnada do Trasno Trouleiro, a nosa seguinte parada era, sen dúbida, o traballo coa cultura castrexa e a figura dos arqueólogos.

Así, tivemos a grande sorte de recibir a visita de CADO ARQUEOLOXÍA, un grupo de traballadores que durante o pasado verán, realizaron excavacións e estudos no contorno do Castro de Cerdido.

Velaquí tedes máis información ó respecto.

Así, o pasado Venres 23 de marzo, recibimos a súa visita e continuamos afondando en todos os nosos coñecementos ó respecto.

 

 

Así, nós tiñamos moitas preguntas que facerlles, polo que non o dUbidamos nin un segundo, había que aproveitar a ocasión!!!

 

Finalmente, e con toda a información recollida, quixemos facerlles entrega duns pequenos detalles que os pequenos/as tiñan para eles.

 

 

MILLÓNS DE GRAZAS, CADO ARQUEOLOXÍA!

 

 

Coñeces Cerdido?

Como xa sabedes, o noso Trasno Trouleiro está a poñernos as cousas moi difíciles, pero nós somos tan listos que enseguida conseguimos solucionalas.

Así, tendo en conta toda a información recopilada, fixemos a nosa pequena aportación ó Plan Proxecta, polo que fixemos un debuxo e recollimos aqueles datos que nos resultaron máis interesantes (respectando a etapa de lecto- escritura de cada).

 

E ESTE FOI O RESULTADO....(aínda que nos falta engadir algún dato máis...)

Semana da prensa

O mes de Marzo veu cargado de conmemoracións, e con elas, a Semana da Prensa. Por todo isto, e aproveitando que nos vindeiros días realizaremos unha saída ás oficinas centrais da Voz de Galicia, investigamos sobre o traballo dos periodistas. Así, entre todos, elaboramos un xornal coas súas diversas partes e seccións. Foi un verdadeiro traballo de investigación e indagación da actualidade da comarca. O resultado o tedes exposto no corredor do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut